Cando saímos ao ciberespazo, os principais obxectivos que nos marcamos foron o fomento da lectura e a escritura así como o achegamento das TICs ao noso alumnado. Así mesmo pretendíamos ser unha fiestra cara ao exterior a través da que poidéramos non só poñer a disposición dos nosos visitantes todo o material de dinamización elaborado na nosa biblioteca senón tamén aprender das marabillosas experiencias e traballos expallados pola blogosfera.
O primeiro que fixemos foi organizar unha páxina estática:
“O Noso Faiado”: O almacén onde gardamos todos os nosos materiais.
Logo, e cara a conseguir todos os obxectivos marcados, pensamos en crear distintos blogues coa intención de motivar ao noso alumnado na súa experiencia lectora e escritora:
"O Blog dos Segreis”: Tenta ser un verdadeiro punto de encontro para o noso alumnado no que poder facer os seus comentarios, as súas suxestións de lectura, cine, música...
"O Segrel Cinema": Nace coa intención de acercarmonos ao cine e aos fondos que ai na nosa biblioteca.
E por último, que non menos importante...
“O Noso Álbum Fotográfico”: Onde se recollen todas as reportaxes gráficas das distintas actividades realizadas ao longo do curso.
A nosa idea primordial é facer do noso blogue un punto de encontro onde aprender, debater, colaborar, e sobre todo compartir. E como podedes comprobar está comezando a dar os seus froitos.
E para completar este ano fantástico que mellor que amosar o noso traballo presentando "O Segrel do Penedo" ao II Premio Espiral Edublog 08
Grazas a todos e todas os que estades aí e facedes desta andaina unha viaxe chea de emocións e de novas experiencias, unha andaina na que os amigos sodes imprescindibles.
2 comentarios:
Felicidades de novo neste primeiro aniversario. Grazas por amosar o camiño do compromiso coa lectura, de compromiso coa educación e do compromiso coa innovación
E que mellor que facer ese camiño na compaña dos AMIGOS?
Bicos agradecidos!!
Publicar un comentario