No Día do Libro tivemos a oportunidade de ver, tocar, admirar e ler libros de literatura fantástica e de misterio, de escoitar a algúns rapaces e rapazas lendo e falando dos seus libros favoritos. Tolkien, Roal Dahl, Fran Alonso, Bosman, Benedetti… estiveron connosco.
Dende Radio Barullo escoitamos fermosos poemas e soubemos dos soños e ilusións de Samantha, unha alumna de 2º de bacharelato, que nos deleitou cun Rap escrito por ela “Esta es mi vida”
No Día do Libro falamos de libros, de lectura, de música... de algunhas das nosas paixóns.
3 comentarios:
Parabens ao Segrel do Penedo polo magnífico traballo que poidemos contemplar en Fene durante unha xornada de formación sobre Proxectos Lectores con Cristina Novoa
Parece que habeis aprovechado el día a tope!
Felicidades por vuestro trabajo.
Un saludo, Sira (PD: aunque haya acabado el Máster en BE yo sigo vuestro trabajo; nunca se deja de aprender).
Certamente foi unha xornada "fantástica", falando de libros, de lectura, de proxectos...
Sira, para nós é un verdadeiro pracer recibir a túa visita.
Publicar un comentario