sábado, 8 de marzo de 2008

8 de Marzo "Día da Muller"

¿Ata cando?

Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.

Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.

Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.

Botan a mañá traballando nas leiras.

Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.

Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.

Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.

Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.

Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.

¿por canto tempo, aínda balbinas?

A Muller Galega do Século XXI
(Clica na imaxe para ver o álbum)


A Muller Galega de principios do Século XX




Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

2 comentarios:

olga dijo...

Cando coñecin a Balbina a miña capacidade de escándalo disparouse.
Atribuín a súa situación á antropoloxía cultural de Galicia.

Tardei algún tempo en entender que, salvando as apariencias,case tódalas mulleres que eu coñecera ata aquel momento eran balbinas.Mesmo as urbanitas,as profesionais cualificadas,as non galegas...
De ese descubrimento saeu o firme propósito de non ser balbina, de non ser nai de ningunha balbina e de facer o posible desde a atalaia privilexiada da educación de nenos e nenas para que es modelo non fóra perpetuable.

O Segrel do Penedo dijo...

Grazas Olga, por amosarnos a Balbina e con ela lembrarnos que aínda hai moitas balbinas espalladas polo mundo.
Canto queda por facer!!
A esperanza está en todas as mulleres que coma ti tentan conseguir co seu labor cotiá un futuro sen balbinas. E en todos eses homes que loitan por facer deste mundo un lugar mellor.

Related Posts with Thumbnails