venres, 15 de febreiro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XV)

Esta semana, e visto o éxito acadado polos nosos venres musicais "dedicados", imos dedicarlle este post a Ángela, membro dun dos nosos clubs de lectura, que lle gusta tanto a lectura como a música e que nos pediu, nun comentario feito o venres pasado, un dos temas de Mika.


Mika é un artista a quen comparan cunha mestura entre Freddie Mercury e Beck, que foi fichado no 2007 por un reactivado sello de música disco dos 70 "Casablanca Records". Recibe influencias do mundo do cómic, dos debuxos animados e de diferentes artistas da música pop.

RELAX, TAKE IT EASY

2 comentarios:

Ronsel dixo...

Comparalo con Mercury paréceme moi forte... pero a verdade é que, polo menos, a música que ofrece aporta frescura no panorama musical actual!

Anxinho

Loly dixo...

Recoñezo que a min tamén me parece excesivo, pero os que se supón son entendidos, os
"críticos" así o din. Deámoslle tempo ao tempo e xa veremos...

Related Posts with Thumbnails