Por motivos profesionais, estiven uns días en Nova York o mes pasado. Alí coñecín a Joyceline Iglesias. Ten uns trinta anos, é condutora dun bus urbano e un avó seu foi natural de Barallobre, os outros tres eran descendentes de escravos de Louisiana. Cando me dixo que se sentía un pouco galega, recordoume a historia do Panchito de Castelao. Eu confeseille que, por culpa do cine, tamén me sinto un pouco neoiorquino.
Joyceline é unha artista multimedia con inquedanzas ecoloxistas. Preocupada polo consumismo e os residuos, todas as súas creacións son a partir de materiais doutros artistas que ela reutiliza para darlles un novo sentido.
Hoxe recibín un e-mail cunha obra que nos dedica aos da biblioteca. Fíxoa a partir dunha estrofa dun poema de Álvaro Cunqueiro, do popurrí de cancións da escena do elefante da película Moulin Rouge, dun versículo da Biblia e da secuencia final de Cinema Paradiso. A ver que vos parece.
“Namorar eu namoreina
con unha cantiga leda,
meu amigo”
"Que me bique cun bico da súa boca!" (Cant 1, 2)
3 comentarios:
Muchas gracias a todo el staff de la biblioteca por permitir que la escuela conozca mi obra. Me emociona mucho pensar que ustedes trabajan en el pueblo de mi abuelo. Les deseo un feliz día de San Valentín, aquí en los Estados Unidos, es algo más que el día de los enamorados. Lo celebramos como el dia dedicado a las personas que amamos.
O que faltaba. O Segrel do Penedo a nivel internacional. Estupendísimo post.
Poderíamos ver o traballo?
Parabéns.
Precioso. E ademáis con colaboración entre países. ¿Din que estas cousas son globalización?
Publicar un comentario