A mañá do venres, o noso cole encheuse de xente que quería celebrar o Antroido connosco, algúns deles nunca estiveran antes por aquí...
A primeira en chegar foi Pipi Calzaslargas, pero non veu soa, chegou co Sr. Wilson, logo apareceron unha bruxa, unha "tunanta", algún obreiro da construción, labregos, unhas vacas moi marchosas, dous osos polares mortos de calor, un espantallo, un rockeiro, varios rapeiros e cantantes de Hip-Hop, unha noiva moi casquivana (paseou con catro mozos distintos o mesmo día da voda...), unha andaluza, varios nenos e nenas aos que nin tempo lles dou a quitar o pixama, uns clips de famobil, moitos mozos e mozas preparados para a festa, varias carapuchiñas vermellas coa avoa, os cazadores e mesmo o sr. lobo viña con todos eles, un moro, un xeque árabe, un rei e a mesma raíña Cleopatra e como non faltou ninguén tamén estivo celebrando o antroido connosco a Sra. Paca, a encargada da limpeza e para completar este cadro tan "pintoresco" tivemos ata un enterro. Como sería a festa que incluso a TVG mandou a Fene a un dos seus reporteiros.
A festa comezou coa degustación, por parte do xurado, dos postres que participaban no xa tradicional concurso de postres típicos. Houbo freixos, rosquillas, orellas, biscoitos... en cantidade suficiente para que despois do xurado, todos e todas puidésemos probalos. E trala degustación chegou a entrega de premios, houbo para todos, pois todos estaban boísimos!!
E como fin de festa tivemos un baile-karaoke. Pasámolo moi ben e quedamos convidados para a próxima. Que nos gustan as festas!!!
5 comentarios:
O informe PISA debía avaliar o álbum fotográfico desta entrada.
A Raioteca góstalle moito visitar este blogue, aínda que ás veces non comenta, por falta de tempo, pero sempre aprende algo e ademáis se respira "bo rollo". para mostra as fotos desta entrada.Unha aperta dende aquí ao lado. (bonitas vistas dende o voso cole....)
Pois Cleopatra estaba moito máis bonita en Fene que nese busto que atoparon... Deus saba onde.
Serán os sires da ría... ¡e como ría!
Eleonora Nacarina
Ai Antonio, o informe PISA...!!
Andrade 39a nós tamén somos asiduos ao voso magnífico blogue.
Leo, o que ocorre é que ti nos miras cos ollos do corazón.
Bicos para os tres.
por parte do xurado, dos postres que participaban no xa tradicional concurso de postres típicos. Houbo freixos, rosquillas, Assignment help
All of our services are of top quality. Our team consists of highly trained
Publicar un comentario