venres, 21 de decembro de 2007

Os Nosos Venres Musicais (XII)

“Ola, chámome Fernando. Hai uns anos coñecín nunha discoteca á raíña do baile. Alí estaba baixo a luz dos focos. Mirar para ela era soñar esperto. Ben pensei que tería que librar unha batalla para conquistala. O meu único desexo era que se fixase en min. Pero tiña medo de que ao empezar a coñecernos aquilo non funcionara. Pedinlle un baile e unha oportunidade para explicarlle que ía en serio, que comigo non habería malos rollos. Agora estamos xuntos e temos unha nena preciosa, que sempre sorrí. Escríbovos porque me gustaría dedicarlle, para empezar o ano, unha canción calquera de ABBA. Grazas.”

Mi madriña, Fernando! Ti es un dos nosos; a túa vida é un musical. Non dubides en chamarnos se necesitas cartos ou calquera outra axuda. Poñémosche a túa canción e recorda que o que che ocorre non é ningún xogo. Ata mañá.



Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails