Este curso, e como ven sendo habitual, a formación de usuarios realizouse durante o mes de novembro.
Para os grupos de 2º, 3º e 4º de ESO levouse a cabo en dúas sesións, unha na biblioteca e outra nunha das aulas de informática. No caso dos grupos de 1º de ESO, esta formación completouse coa visita á Biblioteca Municipal e ao Museo do Humor de Fene.
Xaquín Marín, director do Museo, recibiunos á chegada da Casa da Cultura. Alí, dividímonos en dous grupos para facilitar as actividades a desenvolver.
O encargado de dirixir a visita a través do Museo foi o mesmo Xaquín Marín, todo un luxo engadido. Explicounos, entre outras cousas, algunhas das características dos debuxos chineses, como son os matices nas cores, a fraxilidade do papel de arroz que utilizan algúns debuxantes…
Sonia, a bibliotecaria municipal, e que xa coñecía moi ben a algúns dos nosos rapaces e rapazas, usuarios habituais, falounos da organización e funcionamento da biblioteca. Algúns dos rapaces aproveitaron para sacar o seu carnet ese día.
A segunda parte desta formación, levarémola a cabo durante o segundo trimestre con distintos xogos, concursos e actividades, cos que poñeremos en práctica todo o aprendido. Xa volo contaremos!!
2 comentarios:
A min gustoume moito a visita ó museo, sobre todo a visita dos cadros , había cadros moi graciosos.
Saúdos a todos
Xano tes razón, si que botamos unhas risas con algúns deles. Teremos que volver...
Publicar un comentario