venres, 13 de decembro de 2024

Jólabókaflóð

 

Entre as diferentes actividades que propoñemos desde o Segrel para este Nadal destacamos o "jólabókaflóð". Este termo de orixe islandés significa "Inundación de libros" e dá orixe a unha tradición islandesa que data da Segunda Guerra Mundial e consiste en pasar a Noiteboa e o Nadal lendo, de aí que o agasallo tradicional destas datas sexa precisamente un libro.

Desde o Segrel quixemos darlle unha volta á tradición e poñer en práctica o noso particular "jólabókaflóð" e propoñer que en cada grupo se faga un sorteo ao estilo do "amigo invisible". Cada alumno agasallará a quen lle tocou en sorte un libro da súa propia colección e deberá pensar nun que lle guste ao agasallado. Ademais deberá escribir unha dedicatoria explicando o porque da elección. O día de Nadal cada un poderá ler o seu libro e sacarse unha fotografía que poderá remitir á nosa biblioteca para poder compartir a experiencia no noso blog.

Con esta actividade buscamos varios obxectivos. ao ser un intercambio de libros, evitamos as prácticas consumistas, incrementamos o interese e a motivación pola lectura e favorécense as relacións e os vínculos dentro do grupo contribuíndo así á mellora da convivencia.

Feliz jólabókaflóð!!!

Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails