Ás veces os rapaces sorpréndenos. Estamos a traballar coa ciencia dos libros publicados en galego. En parellas, teñen que escoller aqueles libros que lles atraen máis e despois deben lelos facer un pequeno resumo e explicar aos seus compañeiros o porque da súa escolla ademais de contar un pouco de que trata o libro.
A sorpresa para min foi ver o entusiasmo de algún deles: catro queren ser biólogos mariños, un matemático, outro físico, outros dous enxeñeiros informáticos, dous científicos para inventar mediciñas para curar enfermidades...…
Seguiremos traballando coa ciencia en galego!
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)







Ningún comentario:
Publicar un comentario