xoves, 22 de abril de 2021

Polo Día do Libro regala un BookBox

Como todos sabemos este 23 de abril, como todos os anos, conmemoramos o Día Internacional do Libro e desde O Segrel queremos regalar lecturas. 

O alumnado de Lingua e Literatura Castelá de 2º de ESO traballou na elaboración de BookBox, despois da lectura da obra "Nunca seré tu héroe", da autora María Menéndez Ponte. 

Un BookBox é un xeito orixinal de regalar lectura. Para a súa elaboración partiron dunha caixa baleira (cereais, zapatos ou similar) que debían forrar ou decorar libremente con motivos variados e nas súas caras tiñan que engadir información da obra lida, título, autora, resumo, etiquetas sobre os temas ou materias que se tratan na obra, información sobre os personaxes,... Algúns ata fixeron unha reprodución magnífica da  portada orixinal. Outros incluso lle puxeron bolsos para gardar parte da información. A continuación tedes algúns detalles.

Traballo no que se reproduce a portada da obra

 

Detalles dun dos traballos

Parécenos un xeito diferente de promocionar e recomendar lecturas.

Noraboa a todos polos vosos traballos!!


3 comentarios:

Begoña dixo...

Norabóa pola iniciativa, creo que có voso permiso a imos a copiar.

Parabéns

Begoña desde o IES Fernando Esquío de Neda

Elizabeth Greene dixo...

Thanks for sharing an amazing article again. We provide professional essay writing services all over the UK. Our essay writers are highly qualified and provide you with quality content.

Catherine Tolbert dixo...

Your blogs are great.Are you also searching for NURSING PICO ESSAY WRITERS UK? we are the best solution for you. We are best known for delivering nursing writing services to students without having to break the bank.

Related Posts with Thumbnails