martes, 16 de xaneiro de 2018

Encontro con Xosé Manuel Sarille

O martes 16 de xaneiro contamos no club de lectura de pais e nais coa resenza de Xosé Manuel Sarille, autor do libro Polos fillos dos fillos. E deste xeito, puidemos comprobar de primeira man coma os dramáticos sucesos que tiveron lugar en Montecubeiro, durante a Guerra Civil, marcaron profundamente a xente do lugar, e, concretamente, a familia Sarille.

Xosé Manuel ponlle voz á historia que lle conta seu pai e aos acontecementos que viviu de neno. Deste xeito, historia e novela fúndense nun relato que non nos deixa en absoluto indiferentes e condúcenos a un efecto de inmersión que nos provoca unha marea de sensacións sobre o que puideron sentir os personaxes que na historia se describen.

A lectura do libro supuxo a lembranza de acontecementos xa coñecidos e o posterior coloquio co seu autor aclara moitos matices do mesmo. En definitiva, vivimos unha tertulia literaria mesturada con unha análise da historia recente dende a perspectiva das distintas xeracións que formamos parte deste club.


                                                           Clicar para ir ao álbum



Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails