viernes, 3 de junio de 2016

Antón Cortizas no Segrel

O venres 3 de xuño o alumnado de 1º ESO asistiu ao encontro co noso benquerido e admirado Antón Cortizas arredor da súa novela “O grito das Illas Lobeiras”.
Falamos das Illas Lobeiras, de amizade, de literatura, de libros, de como xorde esta historia que engaiolou á rapazada dende a primeira páxina... e rematamos cun pequeno obradoiro de papiroflexia do que todos saímos coa nosa barca “Bóreas”.  
Sinxelamente Extraordinario!!

Related Posts with Thumbnails