jueves, 26 de febrero de 2015

Encontros con David Rubín

Hoxe asistimos a dous Encontros co xenial David Rubín, pola mañá no Segrel, dirixido ao alumnado de 2º e 4ºESO, e pola tarde no CFR de Ferrol dirixido ao profesorado "A BD como recurso didáctico competencial e interdisciplinar". Sencillamente Extraordinario!!

David fixo un percorrido ao longo da súa carreira, sen esquecer os seus referentes, Jack Kirby, Frank Miller, David Mazzuchelli, Alan Moore, Moebius, Kevin O'neill e, por suposto, o Manga e Osamu Tezuka

A partir de aí, achegounos a todas e cada unha das súas obras e o interesantísimo proceso de creación. A primeira "El circo del desaliento", compilación de historietas curtas xa publicadas, máis a historia longa "Onde ninguén pode chegar" gañadora do premio Castelao de BD; "La tetería del oso malayo", outro recopilatorio de novelas curtas máis unha longa, "Cuaderno de tormentas" obra coa que comeza a utilizar as cores, utiliza novos formatos narrativos, e xoga coa composición das páxinas; "El Héroe" unha adaptación moi persoal do mito dos doce traballos de Hércules, obra que lle abre as portas do mercado americano, nada máis e nada menos que da man do seu admirado Paul Pope, e que el conquista, como non podía ser menos, coa súa marabillosa heroina "Aurora West""Beowulf" é a extraordinaria adaptación ao formato do cómic do primeiro poema épico anglosaxón, e, por suposto, "Viñetas de vida" esa emocionante e conmovedora carta á súa filla Auria, onde lle conta a súa experiencia en Burundi a través da súa colaboración coa ONG "Oxfam Intermón"

Tamén nos falou da segunda parte de Aurora West, a piques de entrar no prelo e, como non, da súa última creación, a que ten aínda entre máns "Gran hotel Abismo" e que, despois de contarnos cal será o seu fío condutor, xa estamos desexando ler.

A extraordinaria obra de David Rubín é resultado de anos de formación e de moito traballo; do seu desexo de experimentar con novos recursos, de ver distintas posibilidades e sobre todo de confianza en sí mesmo. "Ás veces non está mal apostar por un mesmo. Ás veces, ata sal ben..." 

Unha obra xenial na que David non oculta a influencia das súas filias e fobias, e na que os seus heroes, segundo a nosa rapazada, imítanlle ben, e coido que non van moi desencamiñados...






Related Posts with Thumbnails