jueves, 6 de junio de 2013

Encontro do Club de Lectura do Segrel con Manuel Portas

Esta tarde o Club de Segrel de pais e nais celebramos un fantástico encontro con Manuel Portas arredor da súa última novela "Faneca Brava". Un agasallo da nosa magnífica bibliotecaria municipal Sonia Iglesias, unha extraordinaria profesional coa que é un verdadeiro pracer traballar. 

Tras a presentación feita por Sonia, Manuel falounos de literatura, de libros (recomendounos Bichos de Miguel Torga), reivindicou a lectura por puro pracer, a lectura coa que nos sentimos identificados, e como esquecer aos grandes da nosa literatura, os autores do XIX, Rosalía, Curros, e como trataron o tema da emigración, Cunqueiro, o mestre do realismo máxico, e a partir de aí entramos de cheo en Faneca Brava e o papel da muller na Galicia rural, os líos de familia, o coidar das apariencias, "lavar" os asuntos na casa, o medo ao que dirán... e Concha, a ovella negra dos Pereira, unha muller á que descobrimos a través do seu primo Fernando, que non se resigna a calar, a non saber... 

Manuel falounos de como se desenvolve o proceso de creación, o seu traballo con esquemas, e o máis complicado, darlle forma á historia, o que o autor nos quere contar.

Unha tarde que dou moito de si, tanto que xa quedamos citados para o vindeiro ano... Manuel invitounos a coñecer a biblioteca e o museo do Xelmirez, e nós, que non nos facemos de rogar, xa argallamos que o encontro para falar da súa próxima novela, da que xa nos dou algunha pista, pero non seremos nós os que descubramos o segredo...., será en Santiago.

Vémonos para falar do cuarto!!


Related Posts with Thumbnails