martes, 15 de novembro de 2011

As Regueifas do BET 2011

E como ao Segrel non hai quen o faga ir cara atrás cando de retos se trata, velaquí tedes as regueifas do Congreso de Bibliotecas Escolares en Tránsito.

Animámosvos a que vos unades e fagades posible este traballo colaborativo que posteriormente será compartido con tod@s vós nun libro dixital.

Máis se alguén ten algunha dúbida e pensa que non é quen de escribir unha regueifa, que bote unha ollada a esta lección maxistral a cargo de dous extraordinarios regueifeiros Benito Lobariñas e Josinho da Teixeira no obradoiro de Oralidade que se desenvolveu en O Segrel hai un par de anos.




Xa rematou o Congreso

todos de volta na casa

grande chute de enerxía

do que "Celaya" falaba.


Bibliotecas Escolares,

libros e información

as "novas" tecnoloxías

todo envolto con paixón.


Máis os Plambeiros de pro

o que nós máis celebramos

son os momentos de maxia

de bicos, bailes e cantos.


Momentos de compartir

experiencias e cultura

linguas e mais tradicións

vaia o que fai a lectura!


E agora benqueridos

e benqueridiñas todas

se Plambeir@s de pro sodes

esta Regueifa é vosa...


Por certo... pasaremos nesta ocasión das 40 regueifas como naquela Semana da Literatura de Tradición Oral ? Estaredes á altura? Non sei eu que dicir !!!!

33 comentarios:

Beni dixo...

De que congreso me falas?
Quen é ese tal Celaya?
Que tecnoloxía é esa
que te ten alucinada?

Non vin cousa da maneira,
a xente cantaba e beillaba,
ai lalelo, ai lalalo,
menuda pandeiretada.

Non foi cousa moi cristiana,
seica que se compartía
lingua e máis experiencias,
pero, eu onde estaría?

Terei que apuntarme a outra
por ver se dou co local,
onde sejún di a xente
haiche cousas de estudiar.

Loly dixo...

Ai meu benquerido Beni
eu non sei onde andarías
mais se ti ali estiveras
de ti me decataría.

Argallaron unha boa
a Lourdes e a Sabela
levaron os seus pandeiros
aquelo si que foi festa!

Cantaronlle ao conselleiro,
bailaronlle ao menistro,
ai mi madriña bendita
nunca tal tiveran visto!

Pero tamén se falou
de lecturas e experiencias
con xente tan cultivada
nunca eu antes estivera.

Mica dixo...

Nunca antes estiveras
ou andamos aos biosbardos
se no congreso nos vimos
nas Bibes nos atopamos.


Nas Bibes nos atopamos
moito máis sabi@s aghora
e todo isto llo debemos
á Sampedro e á Novoa

Á Sanpedro e á Novoa
que tamén cantaron ben
que non só alí aprendimos
tamén o pasamos “fetén”

Mica dixo...

Mira que faserme pasar o recreo nisto en ves de sosialisarrrrr.....

MESTURAS dixo...

Eu quéroche regueifar,
non o fago nada ben
pero escoitei a Constanza
e agora voume atrever.

É que o Benigno me insulta
e tenme moita manía
e di que somos moi sosos
pola miña Autonomía.

Que nin cantamos fandangos,
nin bailamos sevillanas
e que ninguén nos coñece,
nin nos apreza, nin nada.

Pero non me desepero,
non marcho sen suliñar
que este congreso das Bibes
foi cousa espectacular.

que si a Mekis, o Celaya
a Durban, o Carbonell
as nosas pobres meninxes
non dan feito en aprender!!!

Antonio Martínez dixo...

Aí vai a peor regueifa:
"Sen ter que ir traballar,
todo o día de troula,
lembrando aos compañeiros
que quedaron na aula.

Mais tamén reivindicamos,
dun xeito agradabel,
pois para iso temos
a nosa querida AGABEL".

Beni dixo...

Desde logo que é ben mala
a regueifa antes colgada,
ese tipo que a fixo
non che me aprendeu nada.

Fixo unha rima moi mala,
unha aguda cunha llana,
ímolo mandar con Charo
palá pa guadalajara.

Perdón Charo querida,
fíxeno porque rimara,
sei que eres doutro pobo
e esquecín como se chama.

Fandangos e sevillanas
certo é que non facedes,
mais labor bibliotecaria
carallo como te amañas.

Á Novoa e á Sampedro
eu nunca as vin beillando,
coma o moucho no penedo
só estaban vixiando.

Só estaban vixiando
e xa vos teñen fichados,
por iso estiven calado
e veña a faserme o parvo.

E xa para rematar:
non me queiras tan mal, Charo.
Nada hai que non arranxe
un queixo moi ben curado.

O Segrel do Penedo dixo...

Pero que lle vas pedir
a ese que somente sabe
erguerse diante do MEC
e queixarse e queixarse.

Que se o que di a IFLA
non está no documento,
que se non fala de metros…
Este home é un tormento!

Que se Europa non deixa
o subdirector contesta.
Deixese de tanta leria!
Toñito lle argumenta.

Máis eu dende aquí lle digo
se non sabe regueifar
a nós iso non importa
porque sabe pelexar.

Pelexa ante directores,
Conselleiros e Menistros.
Benquerido presidente
sen vos Agabel vai listo!

bibliotecadocole dixo...

Ai, que panda de loquiños,
de que estades a falar?
Eu fun a ese Congreso
somentes a traballar.

Que é iso de fandangos,
panderetas e demais?
Si fomos a tomar apuntes
para poder millorar.

Ainda que agora que o dicides,...
algo creo recordar,...
algún problema cos zapatos
despois de tanto troulear.

Pero non, equivócome
que todo foi serio de mais.
Ata fomos (coitadiños)
a rezar á catedral

olga dixo...

Somos tan apañadiños,
temos tanta educación
que trouxemos as ideas...
¡e maila decoración!

Miro prás caixas e vexo,
como dicía Sabela,
transmedias, avaliacións,
proxectos...¡e as vosas lerias!

olga dixo...

Ai que susto, mamasiña
o pasmo aínda me dura
cando vin a biblioteca
da Cidade da Cultura!

Ordenadore? a centos
Libros? moreas...a esgalla
E como topas un deles?
Pregunta á bibliotecaria!!!

Por mi madre que non minto.
Explicáronos tal cual.
E quedáronse tan anchos: se non funcionan: dá igual!

Beni dixo...

Eu fiquei moi asustado
cando cheguei ao congreso:
hai que pasar polo aro,
éche o chip do progreso.

E tamén recordo algo
dun alegre taconeo,
mamasiña que salero
despois de tomar un vaso.

Aprender? aljo, siascaso
coa Olja e coa Charo.
Tamén doctorou o Quini
e unha tal Dolores Lajo.

De garabatas azuis
con traxe moi ben cortado,
non vou comentarche nada
que za estou reflesionando.

E onde se poñan as xefas
que non me dean máis nada,
catro mulleres na mesa:
iso si que é josada.

O Segrel do Penedo dixo...

Catro mulleres na mesa
do traballo a pé de aula
máis en cuestión de poder
os homes son os que gañan.

Pero aquí estamos nós
os tolos das bibliotecas
para que os nosos rapaces
a igualdade non esquezan.

Aínda que se co exemplo
claro o queremos deixar
nas regueifas eses homes
terán que participar.

Os mozos das nosas bibes
fanse moito de rogar
máis dende aquí eu lles digo
con vos quero regueifar.

Onde está o “Xoán Farias”,
onde o “Saturnino Hermida”,
onde están eses plambeiros
tanto aquí se lles admira!

MESTURAS dixo...

A decoración trouxemos
con esforzo e gran penar
que o Beni polo camiño
non deixaba de rosmar.

"Pero onde ides con esto?
o coche vaise estragar,
e agora cando baixedes
non sei nin onde aparcar"

Pero xa non rosmes Beni
o meu chofer benamado
porque como prometín,
terás queixo ben curado

Un queixo tan ben curado
que darás chimpos e botes
para que xa nunca esquezas
a terra de Don Quijote.

bibliotecadocole dixo...

Quedo ben asombrada
Do que acabas de contar:
Que ese home bibliotecario
Non paraba de rosmar.

Pois no congreso de bibliotecas
Non deixaba de anunciar
Que o seu coche era tan grande
Que nel cabía outro máis

Estes homes presumidos
Que non saber regueifar
Solo entenden de tamaños
A ver que queixo lle das!.

Pidelle antes que che faga
Un proxecto documental
Sobre os queixos da túa terra
Con autoavaliación e demais.

Beni dixo...

media hora traballando
na rima máis ben rimada,
e ao darlle a publicar
a caché non funsionaba.

Pois entón fareivos outra,
inventarei novas palabras
para desfaser calumnias
de coches e de autostradas.

Ai, payas, que falsidades
contades sobre o tamaño:
non sabedes outro tema
que non sexa faser daño?

Probe coche cheo de caixas,
carteis, moquetas, paraugas:
ufanas bibliotecarias
buhoneiras das rias baixas.

Debaixo de tanta broza
cos libros de Isa que pasa?
escritos na mellor prosa
viñeron pra miña casa.

Pero ti, Isa querida,
non te deixes embaucare
pola troula e a mentira
desa de Ciudá Reale.

Se hai que faser fareino,
proxecto documental,
pero hai que catar primeiro:
¡avaliasión inisial!

Carmen dixo...

Xa rematou o Congreso
Xa voltamos para casa
Hai que ver canto aprendemos
E hai que ver o que cansa.

Que orgullosos que quedamos
Ao ver ás nosas colegas
falando desde o escenario
e compartindo nas mesas.

Que dicir das nosas xefas
Sempre coidando o detalle
Sempre mirando por nós
Trone, chova, neve, orballe.

Plambeiros, plambeiras tod@s
Aquí vai o desafío
Participar é doado
Que non vos conxele o frío.

MESTURAS dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
MESTURAS dixo...

Proxectos documentais?
que idea tan excelente,
mais penso que eses proxectos
son cousa de moita xente.

Que xa papei moitas charlas
que estou moi ben aprendida
e que eses proxectos son
cousa colaborativa.

Así que non confundades
e deixádevos de lerias
pero que proxecto é este
que ten só unha materia?

E o Beni tiña razón
admito que estivo fino,
ao principio, avaliación,
que se non é desatino.

Polo tanto concretemos
non perdamos tempo máis
que se eu levo un bo queixo
QUE TRAEREDES OS DEMAIS?

O Segrel do Penedo dixo...

A xente das bibliotecas
non sabe máis que pedir,
que se fagamos proxectos
que que traedes por aí?

Máis eu que sempre pensei
que o seu eran os libros,
agora vouche contare
meteronse noutros líos…

“Rematado o Congreso
comeza a volta pra casa
despedida e moitos bicos
máis alí que é o que pasa?

Emilio agochando caixas,
Beni non se queda atrás,
e o Plambe Ferrolterra
xa non pode coller máis.

Sabela, Lourdes e Isa,
a Curuxa e máis Olga
sacan as caixas a feixes
non deixan nin unha alfombra.

Rosana imonos xa
que esta xente esta tola
mira que chegan aí
O xefazo e a súa tropa!”

Anónimo dixo...

Eu non estiven alí
pero polo que contades
moito non traballades
maís ben... festivalí

Como vedes son moi mala
pero acórdome de vos
e estou segura que na sala
o mellor erades vos.

Agora fora das bibes
pero sempre no corazón
levo un grupo de amigos
que atopei nun rincón

E repito por si non escoitástedes
.....

Sempre no meu corazón
haberá un lugar para vos
os meus amigo da alma
rodeados de libros e follón.


Bicos moi grandes.... sodes o mellor que hai

O Segrel do Penedo dixo...

Ai benquerida Marina
botamoste en falta moito
nin imaxinas ti canto
as bibes están de loito!

Orfos da túa presenza
como puideches deixarnos?
No Segrel non te esquecemos
terás que vir visitarnos.

Convocaremos encontros,
xornadas e outras lerias
e tamén de cando en vez
organizaremos festas.

Cos queixos d’amiga Charo
e de Vide os pandeiros
festa rechada terás
cun bo feixe de Plambeiros!

bibliotecadocole dixo...

Onde imos catar o queixo?
que hai que concretar
Non valen ideas ao vento
que logo non se sabe mais.

Xa temos o queixo e pandereta
Quen vai poner o viño?
Que a ocasión ben merece
deixar a Dukan no camino.

Proxectos, obxectivos
contidos e ocasión
ide poñendo data
para esta avaliación.

Pode ser nas Rias Baixas
non vos digo eu que non
que aquí o señor Beni.
é un bo anfitrión.

E a benquerida Marina
pode participar na ocasión
ainda que no lle perdoe
a súa deserción.

Beni dixo...

Eu falo por alusións,
non o quería fasere,
pero quere un anfitrión
esa perversa mullere.

Non estou en condisións,
o ánimo feito un asco,
mira o selta, que fiasco,
e onte o das elesións.

A onde imos parar?
so pensades en papare.
É so pra este comensal
o queixo de Ciudá Reale.

Vaia rimas do "catano",
o sono xa fai estrajos,
co tema das elesións
estoume viniendo abajo.

Remato contando o conto
que lle pasou a Anfitrión:
foi Zeus que lle puxo os cornos,
ese si que era lambón.

MESTURAS dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
MESTURAS dixo...

Ah! moi ben, pois concretemos
porque hai cousas que aclarar.
As datas? Por mi calquera
pero despois do Nadal
que eu aquí queixo non teño
e non o podo atopar
Philadelphia ou Caserío
non quereredes tomar.

Pero temos un problema
ben doado de arranxar
despòis do Nadal o queixo
moito non pode esperar.
Se espera, con tanta choiva
a poalla, a humidade
estrágase e desmerece
o queixo de Ciudá Reale

Unitaria de Vide dixo...

Levo casi unha semana
Dandolle a imaxinación
Agardando a que me cheje
Por fin a inspirasión
E collín a pandeireta
Lojo as fotos de congreso
Pero as musas non baixaban
Ata que chejou o queixo
En xaneiro hai lamprea
Pero eu levoa conmigo
Si o Beni e maila Isa
Poñen na mesa marisco
E ali onde nos xuntemos
Deixovos a desisión
Que me tedes abraiada
Con tanta poemasión.

Anónimo dixo...

Cando levedes o queixo
marisco ou calquera comilona
non esquezades a marilona
que agora ten máis xeito.

o que teño que facer
para poder rimar
ata o nome esquecer
e olvidarme de firmar

olga dixo...

A regueifa está na mesa
e no medio ten un bolo
para cantar a regueifa
veñen os do PLAMBE todos

Temos queixo de Castilla
tamén lamprea de Arbo
e pa que non falte nada:
aí vai o pan de Carballo!

Ai que tanta claridade!
que resplandor, deus me vaia!
Son os plambeiros galegos
cargadiños de madallas!

olga dixo...

Cargadiños de madallas
asombran por onde pasan
e traballan todos xuntos
¡que todo queda na casa!

O Conselleiro admirado
de tanto bendito premio
vainos pór no reglamento
ese de Rexime Interno.

Terán horas, terán cartos
pa facer o seu traballo
pero se non o fai pronto
¡vai ir todo pro...- - - !

O Segrel do Penedo dixo...

Vai ir todo pro .......
se pro ....... non foi
porque ese regulamento
non da aparecido, non.

Que máis quixéramos nós
que o noso conselleiro
de nós tamén se lembrara
despois de coller os premios.

Cando están no Parlamento
non deixan de pelexar
en vez de arranxar o ensino
o que fan e ben rifar.

Que xa estamos ben fartos
de que de nós se esquezan
e que as nosas bibliotecas
só nos premios as defendan.

Loly dixo...

SEIS PREMIOS BOAS PRÁCTICAS!!

Que nós somos os mellores,
todos o teñen moi claro.
Que non poden superarnos,
ninguén pode xa negalo.

Nosas bibes escolares
son punteiras no estado
coa Asesoría á fronte
os equipos fan estragos.

Ai benqueridiño Beni!
O voso premio un gustaso
que imos xa celebrar
con marisco e un copaso.

E que dicirlle a Cova,
que ela non saiba xa
que ese merecido premio
moito imos celebrar.

Dar os nosos parabéns
ao resto de premiados
e dicir que en todos eles
estamos representados.

Sodes para nós orgullo
e motivo de ledicia
porque con vós estará
moi presente “alí” Galicia.

Agora benqueridiños
e benqueridiñas todas
espero a vosa regueifa
que hoxe é o que toca.

Biblioteca dixo...

Esta Loly é tremenda
ponse a regueifar
e ata lle saen coplas
para agasallar.

Non hai quen poida con ela,
no Brea Segade,
nada máis vela
comezamos a regueifar.

Grazas, Loly polos parabéns
que nos chegan do Segrel
non esaxero ao dicir
que nos saben a mel.

Grazas polo aprendido
sempre cun sorriso,
grazas por tanto compartido
e por todo o que está por vir.

E se tanta regueifa non lin mal,
por vir está
unha papatoria descomunal
e unha troula colosal.

Queixo, lamprea e marisco
pandeiretas e máis viño,
isto éche de alto riso!
Os de Taraghoña xa imos de camiño.

Imos de camiño
sen saber a onde
malo sexa que daquí a xaneiro
non atopemos un lugar ao xeitiño.


Bicos regueifeiros desde Taragoña
Cova

Related Posts with Thumbnails