domingo, 12 de xuño de 2011

Xoán Farias "In Memoriam"

Onte deixounos Xoán Farias, un grande da literatura xuvenil a quen as bibliotecas escolares dos centros públicos de Ferrolterra lle dedicamos esta ano o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Foi a nosa pequena homenaxe a este extraordinario escritor ferrolán e en O Segrel estivo Xabier Docampo para falarnos da vida e a obra do seu grande amigo, un marabilloso exemplo do valor da AMIZADE.




Traballos arredor da vída e a obra de Xoán Farias elaborados polos CEIP e IES de Ferrolterra.









O noso agarimo para a súa familia e amigos nestes momentos de dor.



Biblioteca Xoán Farias

La Voz de Galicia


Público.es


3 comentarios:

Chispa dixo...

Sentímolo profundamente. Para nós foi un ano entrañable e emotivo. Estará para sempre no corazón da nosa Biblioteca.

profe Rosa dixo...

Dos seus libros despréndese a súa calidade humana, que faille tremer algo profundo a quen os le.
Nós só podemos agradecerlle o tempo que compartiu connosco.
Agora, rendámoslle homenaxe facendo chegar aos nenos o seu legado.

O Segrel do Penedo dixo...

Dende O Segrel, o noso agradecemento a "Chispa" por engancharnos a ese fermoso proxecto que fixo posible o achegamento do noso alumnado á figura e á obra dun grande da literatura.
Profe Rosa esa é a mellor homenaxe que lle podemos facer.
Apertas lectoras dende Fene

Related Posts with Thumbnails