Dende o ano 2008 a IASL dedica o mes de outubro as Bibliotecas Escolares e difunde un cartel e un lema co que se pretende poñelas en valor.
Este é o cartel, obra de Marina Seoane, que, baixo o lema "Biblioteca Escolar: Un mundo de oportunidades" a Consellería de Educación, como xa ven sendo habitual nestas datas, enviará a todos os centros educativos, según aparece no blog da Asesoría das Bibes Galegas "co fin de lembrar as posibilidades da biblioteca escolar, e apoiar a visibilidade do traballo que o profesorado dos centros vén realizando para facer útiles estes importantes recursos educativos"
("Será verdade que a nosa administración ten tan claro o papel das bibliotecas escolares e o traballo que está a desenvolver o profesorado? Ogallá, e así sexa!")
En O Segrel está a ser este un mes ben activo.
A primeira semana organizamos as Bibliotecas de Aula de 1º e 2º de ESO e comezamos a Formación de Usuari@s co alumnado de 1º.
A segunda, saíron as Mochilas Viaxeiras de 1º e 2º de ESO.
O vindeiro luns día 11, teremos a primeira xornada do Club de Lectura de alumnado e o 18 o de pais, nais e profesorado.
Convocamos un Concurso de Marcapáxinas co tema da "Biblioteca Escolar"
E o día 29 remataremos cun recordo moi especial á figura de Miguel Hernández no centenario do seu nacimento.
Non está mal para ser este o primeiro mes, non si? Pero xa vos iremos contando máis polo míudo todas estas actividades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario