martes, 22 de xuño de 2010

English Project: "Xacobeo"

Durante o presente curso académico, e por primeira vez, decidimos traballar cun proxecto en 3º de ESO.

Eliximos o Xacobeo e a experiencia foi moi positiva, sen pasar por alto que tod@s temos moito que aprender na aplicación deste tipo de metodoloxías... decir que o alumnado, en xeral, traballou moi ben e ao longo do curso achegámonos a distintas ferramentas e recursos que a chamada Web 2.0 pon á nosa disposición.

Hoxe, último día de curso, tod@s eles/as pediron continuar utilizando a mesma metodoloxía o vindeiro curso, a pesar de que confesaron que había que traballar máis que utilizando o libro de texto...

Hummmmm, estades de acordo con eles? Vexamos o que fixemos ao longo do curso...

Comezamos realizando distintas actividades ALFIN elaboradas polo equipo da biblioteca e que foron traducidas polo departamento de inglés "Let's do research"

E a partir de aí, pasamos á busca de información e a posterior elaboración de distintos documentos. Primeiro foi unha presentación en PowerPoint, logo, cada alumn@ deseñou o seu propio folleto sobre un aspecto concreto do Xacobeo e finalmente un libro virtual e, como non podía ser menos, velaí tedes o cartel virtual que preparou Ana.

4 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Non digo nada... como vai todo en inglés... (mira que sodes cumpridores co decreto do multilingüismo, seguro que Feijoo vos felicita)

Biliomanía dixo...

Dende a outra ría queremos felecitarvos polo traballo realizado ao longo do curso e desexarvos un verán de sol,mar e lecturas!!!

Begoña dixo...

Precioso traballo, como non podía ser doutra maneira.
Dalle a norabóa a such special students for their work!

Bye

Loly dixo...

Grazas aos tres. Aos rapaces e rapazas encantaralles saber dos vosos comentarios. A verdade é que eu estou encantada cos resultados porque, aínda que tod@s temos moito que mellorar, este primeiro achegamento aos proxectos non estivo nada mal...
All the best and enjoy your holidays!!

Related Posts with Thumbnails