O pasado sábado día 2, acudimos á Galería Sargadelos de Ferrol para asistir á presentación de Tic-Tac, o libro disco que a editorial Kalandraka acaba de sacar ao mercado.
Durante unha hora os máis pequechos disfrutaron escoitando historias como "Un, dous, tres, que ves?", "O poliño da abeleira", "Chibos, chibóns", "Crocodrilo se namora" e por suposto cantando e bailando as cancións de Tic-Tac co seu autor Pablo Díaz. Ademais de aprender como Marc Taeger fixo as ilustracións usando a técnica do linogravado.

Velaí tedes como o pasaron, bueno, como o pasamos!!
Un xeito fantástico de comezar o ano, con libros, lecturas, música... toda unha festa!!
No blog K, outra crónica da xornada
No blog K, outra crónica da xornada
2 comentarios:
Moitas grazas por asistir á sesión de contos e música con "Tic Tac". Alegrámonos moito de que o pasarades ben.
No Blog K, outra crónica da xornada: http://www.kalandraka.com/blog/2010/01/05/a-ritmo-de-tic-tac-en-ferrol/
Ata outra ocasión!
Foi un fantástico comezo de ano con libros, música e un bo feixe de pequechos disfrutando con fermosas historias.
Ata a próxima!
Publicar un comentario