xoves, 14 de xaneiro de 2010

Non hai que fiarse das apariencias !!

Os que me coñecedes sabedes da miña fobia polos "marditos roedores!!", e síntoo ben, pero seique non hai nada que facer ao respecto...

Pero non é esta fobia a que me leva a traervos este fantástico corto no que o protagonista é un "inofensivo ratiño"...

Non o deixedes pola mitade, resistide ese "mal trago" e aínda vos habedes rir un "ratiño". Ánimo, paga a pena!!


Por certo o seu creador é John Nolan que non ten nada que ver coa industria quixeira, senón que é un verdadeiro xenio traballando con animatronics, como podedes ver neste suposto anuncio de queixos protagonizado por un ratorobot... Xa volo teño dito. "Non hai que fiarse das apariencias"!!

7 comentarios:

A Marela Tarabela dixo...

Me he reído un buen rato.....

Montse dixo...

¡Genial! Me parece que lo haré viajar por nuestra biblioteca.

Mik dixo...

Xa apuntei a marca do queixo, que nunca se sabe, cos tempos que corren...
E a ver que vas facer con esa fobia. Xa te darías conta da cantidade de ratiños que andan polas Bibes ;)

O Segrel do Penedo dixo...

Marela, eu non podo deixar de rir cada vez que o vexo....

Benquerido Mik, téñolles fobia aos "malditos roedores" non aos inofensivos, tenros, agarimosos, doces e marabillosos ratiños, que coma ti, pululan polas nosas fantásticas bibliotecas!!

Montse, encantada de que este "inofensivo ratoncito" se una a los que deben haber tomado posesión de vuestra magnífica biblioteca!!

Antonio Martínez dixo...

Vou mercer o queixo e poñerme a facer abdominais...

Antonio Martínez dixo...

Vou mercar o queixo e poñerme a facer abdominais...

O Segrel do Penedo dixo...

Mercer, mercar... que é o que vas facer co queixo?

Related Posts with Thumbnails