GALICIA
Cando cantas, eu canto ao teu verde mar
cando choras, tamén choro a túa pena.
Cando soñas, eu soño co teu verde mar
nesta vida non podo esquecerte.
Recordar días sen luz da túa miseria,
meu país, unha estrela que a noite quere deixar.
Cando cantas, eu canto ao teu verde mar,
nesta vida non podo esquecerte.
Creo en ti, creo en ti, na túa xente, no teu ser,
miña terra revolucionaria.
Penso eu que eres ti a nosa única ilusión.
Nós queremos estar xunto a ti.
Pola túa lingua queremos loitar,
defendela sen medo a morrer.
Cando cantas, eu canto ao teu verde mar,
nesta vida non podo esquecerte.
Unha nova esperanza amanece con nós,
liberdade e progreso esperamos de ti.
Galicia...

Letra: Mª Carmen Arnoso
Con esta adaptación realizada pola nosa compañeira Mª Carmen, do famoso "Va, Pensiero" o coro dos Escravos Hebreos, o canto de liberdade do pobo hebreo escravo dos persas, III acto da ópera "Nabucco" de G. Verdi, comezará mañá a nosa celebración do Día da Paz e a Non-Violencia.
Unha celebración que continurá con "We are the World" de Michael Jackson e Lionel Richie, "Que canten os nenos" de José Luís Perales e "Imagine" de John Lennon, e rematará cun fragmento de "Allende" de Mario Benedetti "Para matar al hombre de la Paz" que lerá Laura López alumna de 3º de ESO .

Pola convivencia pacífica entre todos.
Polo respecto ás diferencias que nos enriquecen.
Pola PAZ!!
Polo respecto ás diferencias que nos enriquecen.
Pola PAZ!!
4 comentarios:
Excelente resultado! Coma sempre, disposta a compartir o traballo e o tempo. Para nós é doado contar contigo porque o dás todo.
Feliz Día da Paz hoxe tamén.
Benquerida Chispa, niso de compartir as Bibes Galegas son "mestras" e ti diso sabes moitíííísimo.
Bicos pacíficos sempre!!
Que bo traballo!!!, pois eso que a paz estea por riba de todo e una as persoas de boa fe (coma ti) e as outras tamén.
Ese é o noso desexo, Marina. Que todos nos concienciemos do inmenso valor dunha convivencia en Paz!
E nesas andamos... apertas dende Fene
Publicar un comentario