"Xuntos contra a Pobreza" é o lema deste ano no Día Internacional para a erradicación da Pobreza.
O 17 de outubro foi declarado pola ONU no ano 1993, como o Día Internacional para a erradicación da Pobreza co obxectivo de promover unha maior concienciación sobre as necesidades de acabar c0a pobreza no mundo.
No ano 2000, 189 xefes de estado comprometéronse a cumplir os chamados Obxectivos do Milenio entre os que está o de reducir á metade o número de persoas que pasan fame no mundo. Hoxe, nove anos despois, e a tan só seis de chegar á data límite para acadalos (2015) podemos comprobar que esta promesa, como tantas outras, está ben lonxe de cumplirse.
Pero estes obxectivos non son só unha tarefa dos gobernos, todos e todas nós podemos e debemos traballar para conseguilos. Cada un de nós, dentro das súas posibilidades, debería actuar de xeito responsable, debería velos como parte dos seus "Obxectivos de Vida". Rebélate contra a Pobreza!
Xornalistas e ONGs propoñen Sete Claves para comezar a loitar contra da pobreza.
IntermonOxfam achéganos as súas Propostas de Traballo na Aula
Médicos sin fronteras preséntanos o xogo "Y comieron felices"
Otro Mundo es posible danos a súa "Receta para pasar hambre"
O mundo da cultura, do cine, da música... únese tamén neste mesmo obxectivo común:
XUNTOS CONTRA A POBREZA!!
NÓS SOMOS A PRIMEIRA XERACIÓN QUE
PODEMOS ACABAR COA POBREZA EXTREMA!!
A QUE ESTAMOS A ESPERAR??
10 comentarios:
Unha recompilación de recursos ben completa e interesante.
Quitarémoslle partido.
Coincido con Olga, fantástica recompilación. Tomamos nota.
Un agarimoso saúdo.
Parece que xa estades a pleno rendimento. Parabéns.
Benvidos os tres de novo a O Segrel. Pero quen dixo pleno rendimento??? Imposible coa que está a caer!!!
Aínda que nesta ocasión, o motivo da entrada relegou todo o resto.
Que vos parece a foto? Picade nela e veredes onde está feita. INESQUECIBLE!!
Impresionante foto, querida amiga.
Sería bo dedicarlle (aínda que só sexa nombralo ) unha entrada o xa morto Andrés Montes.Cabe recordar que a España gústalle o baloncesto grazas a el,así como pasa con Arguiñano e o aceite.
Hola que tal, soy Angel Sanz , Si le interesa poner anuncios de texto en tus blogs.
Puedes ganar hasta 50 euros por cada blog o web.
Nuestra empresa le asegura enviarle sus pagos de diferentes maneras: Transferencia bancaria,wester union,paypal,moneygram. Los pagos son mensuales.
Usted solamente debe colocar los enlaces en los post de su blog y listo ya comenzara a ganar dinero.
Cualquier interesado enviarnos sus blogs, para poder revisarlos. Este es uno bueno
Un Saludo cordial.
Angel Sanz
tel : (+34) 691 533 734 // Valencia,ESPAÑA Prefijo de España (34)
Para mas información puedes contactarme por correo o chat:
angelsanz.comercial@hotmail.com
Puedes contactar por facebook si quieres :
angelsanz.comercial@hotmail.com
Tambien tenemos un sistema de referidos , que ganas una comision mensual
Por cada sitio/blog recibira una comision hasta de 7.5 euros mensuales.
Querido Segrel, eu tamén tomo nota, que boa falta fai. Grazas por compartir todo ese material; ao que sen dúbida sacaremos proveito.
Saúdos agarimosos desde a nosa biblio.
Alioth tomamos nota da túa suxestión e veremos de facer esa entrada sobre Montes.
Grazas Chispa, é un verdadeiro pracer atoparte polo Segrel.
Apertas para os dous!!
Ángel, agradecerche o ofrecemento, pero nesta ocasión, e non é que a economía estea como para facerlle ascos, seique vai ser que non...
Un saúdo.
Publicar un comentario