Fai hoxe unha semana inaugurouse no noso centro a exposición dos premios de BD Castelao.
Xuntámonos para tal ocasión o Alcalde, Ramón Veloso (diputado provincial), concelleiros, pais, nais, veciños e veciñas do concello, alumnado e profesorado do centro, e Antonio Seijas, o gañador do primeiro premio do ano pasado.
A nosa “sala” de exposicións e os corredores da entrada do instituto enchéronse de viñetas que completamos cunha mostra dos fondos de cómics da nosa biblioteca. A BD está a ser durante estes días a protagonista da nosa vida cultural.
Pero a BD non desaparecerá do IES de Fene con esta exposición como xa vos comentamos nun post anterior. Éste non é máis que o magnífico comezo dunha actividade que nos levará pola obra dalgún dos mellores dibuxantes do noso país, actividade que se completará cun taller que impartirá Antonio Seijas ao alumnado interesado no deseño e a Banda Deseñada. Vamos, todo un luxo contar con este artista entre nós.
Xa vos contaremos!!!!!
E aquí tedes unha mostra do que aconteceu nesa xornada.

1 comentario:
Pois si que traballastes! Quero dicir: como vén sendo habitual, claro!
Noraboa pola vosa exposición; é magnífica.
Saúdos agarimosos desde a Biblioteca do CEIP de Pazos.
Publicar un comentario