mércores, 19 de setembro de 2007

Comezou o curso!!

Os rapaces e rapazas empezaron a chegar ás 10.00. Algúns dos máis pequenos viñan acompañados pólos seus pais. Os nervios do primeiro día no instituto, xa se sabe, é o que teñen... Os “veteranos” formaban grupiños e buscábanse nos listados para ver con quen lles tocara.
A inauguración do curso correu a cargo de Ivan Puentes, o alcalde de Fene, quen foi presentado polo director.
O recen estreado alcalde, o alcalde máis novo de toda Galiza, blogueiro dende xaneiro de 2004 e antigo alumno do instituto, lembrou aos profes que por alí andaban nos seus anos de estudante. A Cari (“a mellor profesora que tiven nunca”), a Ramón e as súas discusións sobre fútbol, a Lula, e a Antonio, o noso vicedirector e profesor de ciencias, e de quen, según contou, todas as rapazas estaban namoradas. Hai cousas que nunca cambian...
Aos rapaces contoulles anécdotas da súa etapa no instituto. De como controlaban ao profesorado polos coches no aparcadoiro, de como se alegraban cando algún faltaba, e algunha outra que mellor non contamos... En fin, o que dixen, que hai cousas que nunca cambian...
Animounos a participar na vida do centro, na súa vida académica e cultural.
O noso alcalde, engaiolou a todos, tanto a alumnado como a profesorado.
Cando nos despedimos agradeceu a invitación que dixo lle fixera moita ilusión. Nós, dende a nosa bitácora queremos desexarlle todo o mellor na súa nova andaina.
Sorte Sr. Alcalde e que as relacións do Concello co noso Instituto sexan fructíferas!!

5 comentarios:

bibliotecadocole dixo...

¡Vaia comenzo!.Dende o sur de Galicia vos desexamos bó curso.

O Segrel do Penedo dixo...

Bo curso tamén para toda a vosa comunidade educativa.

Anónimo dixo...

Como sempre empezades ó grande e con estilo, como non podía ser menos. Moitos bicos, moita sorte e moita saúde que como ti dis é fundamental ante o panorama que nos espera.
FELIZ INICIO DO CURSO

O Segrel do Penedo dixo...

Tes razón, saúde e que non nos falten as forzas nin a ilusión!!
Bo curso para vós tamén.

Antonio Martínez dixo...

¿Cando chegará o remate de curso? ... Xa estou canso.

Related Posts with Thumbnails