venres, 22 de xuño de 2007

Festival no Día da Música

Disque o prometido é débeda e aquí estou eu, disposta a facer unha crónica do acontecido no Festival de Fin de Curso

Algún de vós estará pensando que ten que ver un festival de fin de curso co blog da biblioteca. Pois moitísimo. Onte era o Día da Música, e nós, no IES de Fene, celebrámolo por todo o alto... e nesa celebración, e como non podía ser menos, participamos todos os membros do equipo da biblioteca. Gústanos a lectura, a música, e como non a festa... Queredes velos? Pois aquí os tedes a todos e todas...

Alexandre: Na parte técnica

Inma e Mª Carmen: Titanic (Non veu Celine Dione, pero non a botamos de menos!!), Déjame e Guantanamera (Coros)

Ánxeles, Begoña e Loly: Déjame (Non son "Los Secretos" son "Woman's Secret") e Guantanamera (Coros)

Conchi: Guantanamera (Coros e percusión)

Sabela: Guantanamera (Baixos)

Xoán e Antonio: Guantanamera (Acompañamento)

Miguel Anxo: Guantanamera (Batería)

Xunto co resto do profesorado. De 44 profes que formamos o claustro, enriba no escenario ou abaixo cantando, aplaudindo e animando, practicamente estivemos todos. Tampouco faltaron os conserxes (son deles a maioría das fotos!!). Pero o mellor de todo o alumnado. As actuacións de 2º, 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato así como a presentación a cargo de Samantha e Lourdes de 1º de bacharelato foron un éxito. E como público estiveron entregados dende o principio pois escoitaron con moitísima atención as interpretacións dos seus compañeiros e compañeiras e non deixaron de animar e corear todos os temas nos que participamos o profesorado. Ao final non había quen os botara do salón de actos. Querían seguir, pero o deber agardaba e tivemos que comezar as avaliacións!!

Pasámolo moi ben, algún de nos “desmelenámonos” cun micro na man.... Debemos repetir este tipo de celebracións. De feito xa hai quen está a pensar o que vai facer co seu alumnado o próximo curso!!

Dende aquí queremos darlle a noraboa á nosa compañeira Bárbara, a profe de música, que non escatimou horas e horas de traballo para que todo saíse á prefección. Vaia repertorio!!. Bárbara PARABÉNS!! Unha experiencia FANTÁSTICA!!

3 comentarios:

O Candil dixo...

Alegroume saber deste blog. Son un antigo alumno da promoción de 1986. Alexandre Ripoll pode darvos referencias miñas.
Vos engadirei á miña bitácora (manuelcendan.com).
Unha aperta e bo traballo.

Andrade 39A dixo...

Noraboa por ese fin de curso tan animado. Saúdos a todos e todas, en especial a Ánxeles, Sabela e MªCarmen que son as que coñezo en persoa. Boas vacacións!!! Unha aperta dende Andrade.

olga dixo...

¡Menudo fin de curso!Unha xornada fermosa que se engadirá sen dúbida á colección de recordos felices que se vai facendo no almario de cada un.
Bicos e novos azos a quenes fochedes o motor do evento e parabéns a todos cantos o disfrutáchedes.

Related Posts with Thumbnails