O SERVIZO DE PRÉSTAMOS
PERMANECERÁ ABERTO DE 11 A 13 HORAS
QUE SEIQUE O INSTI SEN VÓS É MOI ABURRIDO...!!
Blog da Biblioteca do IES de Fene
Durante o presente curso académico, e por primeira vez, decidimos traballar cun proxecto en 3º de ESO.
O luns día 7 de xuño celebramos o fin de festa dos clubs de lectura do Segrel cun fantástico encontro con Rosa Aneiros.
Hoxe deixounos José Saramago. Un poeta, escritor, dramaturgo e periodista; un home comprometido coa época que lle tocou vivir, que nos soubo transmitir ..."Empezar a ler foi para min como entrar nun bosque por primeira vez e atoparme de repente con todas as árbores, todas as flores, todos os paxaros. Cando fas iso, o que te deslumbra é o conxunto. Non dis: gústame esta árbore máis cas demais. Non, cada libro no que entraba tomábao como algo único."
El País Semanal, Madrid, 29 de novembro de 1998
Pola Lectura:
"Algunas persoas pasan toda a súa vida lendo, pero nunca chegan máis aló de ler as palabras na páxina, non entenden que as palabras non son máis que pisar as pedras colocadas a través dun río que flue rápido, e a razón é que están aí para que poidamos chegar á outra orilla, é o outro lado o que importa."
A súa loita pola Paz:
"Resulta moito máis doado educar aos pobos para a guerra que para a paz. Para educar no esprito bélico basta con apelar aos máis baixos instintos. Educar para a paz implica ensiñar a recoñecer ao outro, a escoitar os seus argumentos, a entender as súas limitacións, a negociar con el, a chegar a acordos. Esa dificultade explica que os pacifistas nunca conten coa forza suficiente para gañar... as guerras."

As historias, os libros: eis o fío verdadeiro que nos une a todas as persoas do planeta."
O pasado venres asistimos á Xornada dos Clubs de Lectura celebradas en Santiago, e se só puidésemos utilizar unha palabra para describila esta sería "extraordinaria".
