Sobre a unha e media do mediodía, nun marabilloso día de sol, chegamos a "As Neves" (O Sol do Condado) onde nos recibiron Sabela e Lourdes.
Mentras facíamos tempo para comer e despois de admirar unhas magníficas vistas, Sabela dounos unha lección maxistral sobre a arte da pesca da lamprea, de como se seca, das distintas maneiras de preparala, disque se pode guisar, rebozar, ponse tamén á prancha e por suposto rechea. Máis chegado ese momento decidimos ir xantar. Que fame
tiñamos!!!
E chegou a ansiada lamprea acompañada dun magnífico Alvariño. Preparáronna rechea, estaba exquisita. Gustounos tanto que xa estamos desexando que chegue a temporada para ir probar a lamprea verde, pero esa será outra historia...
Ás cinco, rematada a comida e logo dos cafés e dunha conversa moi agradable, xa se sabe bibliotecas escolares, clubs de lectura, encontros..., saímos para a ESCOLA, porque eso é o que é, unha ESCOLA con maiúsculas. Unha escola unitaria como as que xa non quedan. Unha escola onde o "currículo" tamén o marca unha rá que aparece unha mañá polo patio, a viña que está ao carón da escola ou calquera outra circunstancia que motive aos pequenos. Unha escola cunha biblioteca, a Biblioteca "A Dúas", que é o motor arredor do que xira non só a vida da escola, senón tamén a vida cultural do pobo. "A Dúas" é o punto de encontro onde os veciños se xuntan cada xoves para ver unha película ou para calquera outra actividade que a MESTRA, unha muller moi especial, organice.
Un dos "libros" máis importantes do fondo de "A Dúas"
VVAA: Érase unha vez... A Dúas, Editorial Unitariadevide, As Neves (2007)
E despois desta visita, que tanto desexábamos facer, non chegou a despedida. Non, as nais de Vide "Compoñentes do Equipo da Biblioteca", tíñannos preparada unha sorpresa moi especial. Na Casa da Auga agasalláronnos cunha magnífica actuación dunhas fantásticas pandeireteiras, e un pandeireteiro, que fixeron que a nosa visita a Vide sexa inesquecible.
Grazas a todas por facernos sentir como se fóramos uns máis do grupo.
Ata a próxima, que esto hai que repetilo!!!
Os Roteiros do 07/08
CEIP Milladoiro-Malpica
CEIP José Cornide (A Coruña)
IES Uxío Novoneyra (A Coruña)
IES de Arzúa
IES Alexandre Bóveda (Vigo)
IES Río Cabe (Monforte)
OOOOOOOOhhhhhh, que ben se mira Vide cos vosos ollos!!!!
ResponderEliminarCarliños, que é o pequeno que vai diante no tractor, mándavos as gracias porque o chimpín saíu moi ben. E a súa familia tamén, claro.
Que marabilla de sitio, que marabilla de comida, que marabilla de escola, que marabilla de biblioteca e que marabillosa reportaxe.
ResponderEliminarFelicidades e moita marabillas.
Sabela os nosos ollos non viron nin máis nin menos que unha realidade marabillosa (que diría Marina)
ResponderEliminarAi a que te perdiches polo San Froilán!!!
Bicos para as dúas.
Estupendo post. Reflicte a paixón que poñen as profesionais do ensino no seu labor. Parabéns canarios agobiados.
ResponderEliminarMoitas grazas por amosar Vide e o traballo (e dedicación, e agarimo,...) de Sabela e tamén das nais que vivimos neste fermoso lugar.
ResponderEliminarUnha pandereteira.
Grazas ao "canario agobiado" e por suposto grazas ás estupendas pandereteiras de Vide por esa tarde inesquecible que esperamos poder repetir.
ResponderEliminarApertas dende Fene!!