
O pasado venres, e por mor do "suposto" temporal do mércores, rematou no CFR de Ferrol o curso "Proxectos Lectores. Biblioteca Escolar, espazo para a lectura II" no que un grupo de profes de Ferrolterra puidemos non so formarnos senon tamén disfrutar coas ponencias de profesionais como
Cristina Novoa,
Sabela Lahuerta e
Begoña López Soto (das que sobran presentacións...);
Antonio Martínez, especialista en Plans de Lectura e Lectura e familia e organizador da iniciativa "Ler xuntos" da comunidade de Aragón;
Julián Pascual, profesor da Universidade de Oviedo que nos falou de Estratexias de Comprensión lectora e de quen vos achegamos unha
fermosísima escolma de textos; Mª Jesús Rodríguez Rodríguez, responsable da web "
Leer y Vivir" -a quen lle debemos a idea do Grupo de Traballo no que estamos inmersos o grupo de profes de O Segrel do Penedo e do que vos daremos cumplida conta máis adiante- e
Antón Cortizas, mestre, escritor e amigo, que nos presentou unha fantástica, ademáis de divertida, actividade de fomento da lectura e que hoxe queremos achegarvos.
Partindo
dun marabilloso texto da súa autoría "
Avións de Papel"
realizamos un exhaustivo traballo de busca de información. Antón propúxonos ata 10 tarefas distintas que tiñan que ver con outros tantos temas como a literatura, a música, a arte, mesmo cuestións técnicas da aviación convencional, para rematar coa construción de canda seu avión de papel que decoramos cun fermoso
Haiku.
Avións de papel
palabras que lembran
camiños no vento
E como non podía ser menos, a xornada rematou coas pertinentes probas de voo.
Grazas Antón, "Aprender a aprender" contigo sempre é ben divertido!!
E dado as datas nas que nos atopamos, decidimos rematar o curso cun bo café e uns doces, que non todo vai ser traballar, non si?.
Feliz Ano compañeiras -e compañeiro, como de costume só había un...- foi un pracer compartir aprendizaxe con todas vós.
Cos nosos mellores desexos para o 2010!!
ResponderEliminarQue sigamos voando de palabra en palabra, de libro en libro.
Felices lecturas!!!
Unha magnífica reportaxe, coma sempre, a verdade é que foi un curso ben interesante e unha compañia inmellorable.
ResponderEliminarAproveito para desexarvos un BO NADAL a tod@s @s alumn@s e profes do insti e que o ano 2010 veña cheo de desexos cumpridos.
Un bico especial para a reportera máis dicharachera. Grazas Loly polo teu optimismo e apoio.
Encarna.
Home!, as fotos están bastante ben, non hai queixa; pero é que as/os modelos...
ResponderEliminarVaaaale, está beeennnnn! Adxudicado o título: A reportera máis dicharachera!
Mancheas de bicos para este Nadal, e cursos co mesmo espíritu de aprender e compartir.
Mancheas de bicos para este Nadal, e saúde, tempo, proxectos e bos compañeiros de viaxe.
Mancheas de bicos para este Nadal,
e FELIZ 2010 = FELICES LECTURAS!
Con agarimo desde Pazos.
Por un 2010 cheo de fermosos momentos compartidos.
ResponderEliminarTodo o mellor para as tres!!
Menudo curso, xa me gustaría a min ter asistido!!
ResponderEliminarFelices festas para vos compañeiras.
Unha aperta dende Moaña
Meu Deus, Loly, isto si que é ALFIN: Estás vendo pola chuleta para faser un avión... que sexa para ben. Bo Nadal
ResponderEliminar