venres, 14 de novembro de 2008

As Regueifas en "Radio Barullo"

Hoxe, e dentro do programa de actividades sobre a Literatura de Tradición Oral, temos en Radio Barullo a dous dos mellores regueifeiros do panorama cultural de Galicia, Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira.

Por fin xa estamos a Venres
un día moi musical
pola semana que estamos
imos todos regueifar!!


Imos todos regueifar
vaia coa papeleta
esto seique me enganchou
tanto como a biblioteca!!



“O NAUTILUS E O SEGREL”
O Nautilus e O Segrel
disque xa che son parella
eu non o podo crer
eles son xente moi seria.

E se son xente moi seria
que terá iso que ver
para ser unha parella
teñense que ben querer.

Se o de quererse ben
é o que estes necesitan
eu diso podo dar fé
polo moito que se bican.

Polo moito que se bican
non irán cambiar de estado?
O amor seique non dura
toda vez que tes casado

Pero logo que parella
é da que estás ti a falar?
Eu falei dunha parella
que lles gusta regueifar!

Se lles gusta regueifar
deberán ir practicando
os Plambeiros quererán
a estes dous xa actuando.

A estes dous eu actuando
mira que me custa ver
porque disque esta parella
iso non o levan ben…

2 comentarios:

  1. Sabedor de que se fala
    delas dous desta maneira
    O Segrel tivo unha idea
    para arranxar esta leria

    Para arranxar esta leria
    e que deixen de falar
    pensa en algo facer
    e a todos así calar

    E a todos así calar
    e que deixen de “moler”
    pensa na proposición
    que a O Nautilus quer facer

    E despois de que O Segrel
    parella ser lle propuxo
    O Nautilus contestou
    nós ata o fin moi xuntos

    Nós ata o fin moi xuntos
    nas xuntanzas máis plambeiras,
    se o que se fala é de blogues
    e tamén para a Regueifa.

    ResponderEliminar
  2. Xa non sei se chegho a tempo
    de aceptar a invitación
    que galante me fixeches
    con todo o teu corazón.

    Cando un día coñecín
    ó que hoxe é o meu marido
    non fixo con tanto esmero
    o emocionante pedido.

    Regueifar, rgueifarei
    e serei a túa parella
    por falar de bibliotecas
    ata que sexamos vellas.

    Ata que sexamos vellas
    faremos con ilusión
    este traballo bonito
    que nos sae do corazón.

    Do corazón saírá,
    tamén do moito traballo
    e os que non o queiran ver
    que se vaian ó .....

    E se non o queren ver,
    benquerida compañeira,
    nós seguimos a facer
    a escola á nosa maneira.

    A escola á nosa maneira,
    a escola das biblotecas,
    que ensinamos a usar
    ós nosos nenos e nenas.

    Os nosos nenos e nenas,
    os cidadáns de mañá,
    merecen que os preparemos
    para no mundo triunfar.

    Se queren triunfar no mundo
    e facer o que lles pete
    teñen que saber de libros,
    de cedés e de inernete.

    Non vaia ser que no fondo
    lles estemos a furtar
    o privilexio do medre
    no escalafón social.

    Non vaia ser que se esté
    reservando para uns poucos
    o que tería que ser
    un dereito para todos.

    Perdoade estas coplillas,
    son un pouco "flower power"
    pois cando falo dos nenos
    o aguillón non me sae.

    O agillón sairía
    se se me poñen diante
    aqueles que non permiten
    que a escola publica avance

    ResponderEliminar

Graciñas por visitar "O Segrel do Penedo". Sempre é un motivo de ledicia recibir os vosos comentarios e suxestións.