Recibiunos Almudena, a coordinadora do Museo do Humor, quen nos tiña organizado un extraordinario percorrido polas distintas salas do Museo. Comezamos na sala dos espellos e, a partir de aí achegounos á figura do seu fundador o debuxante Xaquín Marín Logo pasamos polas distintas salas do museo, a sala da Banda deseñada, a do Humor negro..., un xeito de achegarnos á figura dos principais referentes do humor gráfico galego, nacional e internacional.
Foi unha hora chea de risas e moi bo humor que rematou cunha proposta ben creativa. Partindo da obra "Cabeza Galega" do xenial Xaquín Marín, a rapazada debía debuxar outra cabeza que levara algo humorístico. E vaia que se deron renda solta á súa creatividade. Nuns días, unha vez escaneadas as súas obras, subirémolas ao blog e veredes canto artista hai no Segrel... Na despedida, Almudena agasallounos a todos cunha cinta para colgar o móvil ou as chaves, e para a nosa Biblioteca, un cartafol que inclúe once láminas con debuxos de humoristas gráficos e ilustradores galegos que fan referencia ao 30 aniversario do Museo, unha pequena xoia que axiña teredes á vosa disposición nos fondos do Segrel.
Como despedida visitamos a extraordinaria exposición de caricaturas "Pola cara". Unha exposición que se inaugurou durante a celebración do XXX aniversario do Museo e que non debedes perder!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario