O luns, 24 de febreiro, o profesorado que dinamiza a biblioteca do Segrel, acompañado por compañeiros e amigos de outras bibliotecas escolares de Ferrolterra tivo o pracer de disfrutar do Encontro con Victor Moreno, un dos grandes dentro e fóra do noso pais cando se fala de escritura, lectura e literatura. O que nun principio ían ser dúas horas convertíronse en catro e aínda así quedaron curtas...
Ao longo da tarde podemos descobrir o Victor provocador, irónico, cun enorme sentido do humor e sempre apaixoado da que foi a súa profesión. E claro, houbo tempo para falar do Informe Pisa, da súa experiencia como crítico literario e de poder disfrutar da súa experiencia e bo facer. Todo un pracer!!
Clicar na Imaxe para ir ao Álbum do Encontro
Publicacións na serie Blitz do Goberno de Navarra
Ningún comentario:
Publicar un comentario