A mestra, as mestras e as súas nais (as da escola, se entende) preparánronnos, con todo o amor do que é posible agasallar, un eterno xantar a base de empanadas, canapés, tortillas (ovos caseiros, con patacas, con xamón, con chourizo…) tortas de verduras, queixo, paté e logo, a lamprea con diversos tipos de ensaladiñas. De sobremesa: ademais duns fenomenais biscoitos, un licor café inconmensurable.
Tras o xantar, principiou a festa: dúas horas de música ao vivo a cargo das Pandereteiras de Vide. Impresionantes… cada ano fano mellor, aínda que nos pareza incrible. Como agradecer tanta xenerosidade?, tanta paixón polo "público"?, polo colectivo?
E que dicir desa mestra… desa FUNCIONARIA (así en maiúsculas, con orgullo do que somos, do noso traballo, e de para quen facemos o que facemos) que non sabe onde remata o seu traballo e principia a súa vida… que neste sábado parece que traballa e cando o luns abra o local de traballo seguro que parece que está de vacacións e feliz de convivir cos cativos na súa escola… E que escola…. Se hai que facer (¿) recortes que, por favor, a esta unitaria non a toquen.
Grazas Sabela. Grazas Lourdes. Grazas pandereteiras. Ata a próxima!
Artigo de Zapas do 42
Totamente de acordo co que dicides, eu saín dalí cunha sensación fantástica de lección de vida e compartir esa vida e esa alegría. Grazas pandereteiras, nais, mulleres, profesora e profesoras....grazas a todas pola enorme alegría que eu traía ese sábado dentro de min que aínda dura....
ResponderEliminarTotamente de acordo co que dicides, eu saín dalí cunha sensación fantástica de lección de vida e compartir esa vida e esa alegría. Grazas pandereteiras, nais, mulleres, profesora e profesoras....grazas a todas pola enorme alegría que eu traía ese sábado dentro de min que aínda dura....
ResponderEliminar