Así foi como rematamos o 2011, cunha chocolatada solidaria para endulzar non só a recollida das notas, que nalgún caso boa falta facía, senón para endulzar unha miaxiña o cambio de ano aos nosos amigos e amigas do Bubisher, porque por e para eles e elas organizamos esta pequena festa.
A organización levounos uns días...
Comezamos facendo carteis cos que enchemos as paredes de

E despois dunha semana na que os profes da biblio venderon un feixe de vales, chegou o mércores 21 de decembro, as 10.00 en punto todo estaba organizado, e comezamos, como estaba previsto a chocolatada. Todo saiu perfecto!!
Dende aquí agradecer a Carmen o seu exquisito chocolate e a súa marabillosa disposición para decirnos que sí dende o primeiro momento en que lle fixemos a proposta, ao alumnado que preparou os carteis e a tod@s canto mercaron o seu vale, que era o noso "graiño de area" - e nunca mellor dito... para ese Niño do Bubisher recén estreado, o Bubisher 1 e o Bubisher 2 nos campamentos de refuxiados en Tinduf.
Moitísimas gracias a tod@s pola vosa SOLIDARIEDADE con maiúsculas, porque sempre estades aí, e de que xeito!!
No remate do segundo trimestre haberá algo "especial" e tamén solidario... Esperamos contar de novo con tod@s vós!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por visitar "O Segrel do Penedo". Sempre é un motivo de ledicia recibir os vosos comentarios e suxestións.