mércores, 15 de decembro de 2010

2º Premio Nacional de Boas Prácticas !!

Efectivamente así é... o noso centro ven de acadar o 2º PREMIO do MEC no CONCURSO NACIONAL DE BUENAS PRÁCTICAS para a dinamización e innovación de Bibliotecas Escolares, dotado con 10.000 euros.

O Equipo da Biblioteca O Segrel do Penedo está moi orgulloso por este recoñecemento que quere dedicar especialmente ao noso alumnado e a todos os membros da comunidade educativa que durante anos teñen participado na mellora da biblioteca escolar e deste xeito na mellora da calidade do ensino público de Fene. Grazas pola vosa dedicación e o voso esforzo.

E nesta ocasión tampouco estamos sós. Somos 8 os centros premiados:

PREMIOS INFANTIL / PRIMARIA

1º PREMIO
· CRA Mestra Clara Torres.Tui (Pontevedra)

2º PREMIO
· CPI Tino Grandio. Guntín (Lugo) · CEIP de Cervo. Cervo (Lugo)

3º PREMIO
· CEIP Os Muíños. Muxía (A Coruña) · CEIP Quintela. Moaña (Pontevedra)

PREMIOS SECUNDARIA
2º PREMIO
· IES de Fene. Fene ( A Coruña) . IES Monterroso.Monterroso (Lugo)

3º PREMIO
· IES Manuel Antonio. Vigo (Pontevedra)

Os nosos parabéns ás comunidades educativas de todos eles e a quen fai posible que as Bibes Galegas sexan un referente nas Bibliotecas Escolares do estado. Grazas Cristina e Pilar!!

28 comentarios:

  1. Parabéns!!! Merecidísimo recoñecemento ao voso traballo. Apertas amigas ;P

    ResponderEliminar
  2. Grazas. profe Rosa. Estamos que aínda non o cremos. Haberá que ilo asimilando...
    Apertas dende Fene

    ResponderEliminar
  3. Noraboa!!!!
    Que se entere toa ejpaña, toíata toa!!!

    unha apretasa
    Sabela.

    ResponderEliminar
  4. E dalle, volta coa emosión.... Sniffff.
    Polo bo facer das Bibes Galegas!!

    ResponderEliminar
  5. Moitos PARABÉNS e moitos bicos desde Vigo: ¡Chin, chin! (isto é o brindis virtual, je je)
    MIK

    ResponderEliminar
  6. Chin chin hoxe e sempre con quen tanto admiramos... E quen me ía dicir a min que admiraría a un "roedor"!!!!!!
    Bicos de mel dende Fene

    ResponderEliminar
  7. Noraboa a todo o segrel e en especial á alma do mesmo. Moitos bicos e parabéns, estamos orgullosísimos de vos.

    ResponderEliminar
  8. Noraboa!!! Un premio moi, moi merecido.
    Un pracer recorrer este camiño xuntas!!!
    Biquiños dende Moaña

    ResponderEliminar
  9. Está ben... insisto, reitero as miñas felicitacións... Bicos mil.

    ResponderEliminar
  10. Parabéns polo premio, e grazas polo voso exemplo, pola vosa ilusión e pola túa paixón, Loly!

    ResponderEliminar
  11. Parabéns a toda a comunidade educativa que fai posible todas esas BOAS PRACTICAS.
    E un recoñecemento especial (cheo de bicos emocionados) para LOLY.

    ResponderEliminar
  12. Grazas, grazas e máis grazas. Tantos e tan bos amigos dándonos os seus parabéns non nos deixan poñer os pés no chan. Seguimos polas nubes!!!!

    ResponderEliminar
  13. Parabéns e bicos dende Pontevedra. Entereime hoxe en Santiago. Alégrome infinitamente pero non estou nada sorpendida. Simplemente sabemos que tiña que ser así.
    Apertas
    charo

    ResponderEliminar
  14. Esta si que é boa. Merecidísimo recoñecemento a un traballo ben feito. Felicidades a todo o Segrel pero en especial a Loly.

    ResponderEliminar
  15. No Segrel estamos que non estamos e Loly sen palabras "que xa se pode crer!!!"

    ResponderEliminar
  16. MOLTES FELICITATS!
    Un premio bien merecido.
    Estoy muy contenta.
    Des de Lleida unha aperta.

    ResponderEliminar
  17. Gràcies Montse, sabem que t'alegres amb les alegries de les biblioteques gallegues.
    Petóns

    ResponderEliminar
  18. Parabéns. Bicos. Apertas. Agasallos. Brindis...
    Festa!!!!!!

    ResponderEliminar
  19. Loli, estamos a disfrutar este baño de parabéns de tantos e tan bos amigos.
    Apertas

    ResponderEliminar
  20. Noraboa!!!!
    A disfrutar o premio e todas as felicitacións que vos cheguen. Son ben merecidas.
    Saúdos veciños dende Cabanas.
    Teresa.

    ResponderEliminar
  21. Noraboa pola recompensa ao traballo de todos estes anos. Podería seguir participando en tan selecto blog?

    ResponderEliminar
  22. Parabéns dende o Rafael Dieste. Marta.

    ResponderEliminar
  23. Abraiados por tantas mostras de agarimo. Grazas mil !!!!

    Benquerido Toni River, vostede xunto con Aramis, sábeno, son "imprescindibles" no Segrel.

    ResponderEliminar
  24. Dende Cervo tamén nos queremos sumar aos parabéns, tardamos un pouco porque pásanos coma vós: aínda estamos abraiados, abrumados...Que o vento nordés vos leve unha aperta de escumas blancas e salgadas!!!
    María e todo o profesorado de Cervo

    ResponderEliminar
  25. María, non pode haber mellor xeito de celebrar un premio que en tan boa compaña.
    Apertas

    ResponderEliminar
  26. Non quer pasar a Mica sen felicitarvos por este merecidísimo premio.En especial, refreghadiñas de naris do Rato Gordecho para Loly. Saúdos a quen no voso centro mantén aceso o facho do entusiasmo (toma xa!!!!).Ah! de parte da recadeira da Mica, bicos tamén.

    ResponderEliminar
  27. E a pesar dos pesares, este rato gordecho, teimudo como non hai outro, segue a rondar a quen non ten aos "roedores" na lista dos seus "favoritos", que lle imos facer!! Pero como siga así, non sei se non acabarei mudando de parecer...
    Bks para Mica e a recadeira e.... bos desexos para el...

    ResponderEliminar

Graciñas por visitar "O Segrel do Penedo". Sempre é un motivo de ledicia recibir os vosos comentarios e suxestións.