venres, 14 de maio de 2010

O "Making of" do Día Grande !!

Xa chegou o día, o Día das Letras Galegas, día grande en O Segrel. Pero para chegar ata aquí houbo que percorrer un camiño "miaxiña" esgotador. Decidir actividades, horarios, grupos... e unha vez decidido prepaparalo todo.

Este ano o programa quedou así:

Hora

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

08:30

Xincana Cultural




10:30

"Poemas á rúa"

Ilustración Poemas

Webquest


12:30

"Poemas para un día"

Xogos Populares

Xincana Cultural


E nesta ocasión decidimos sair á rúa e intentar disfrutar dun fermoso momento de lecturas compartidas cos amigos e veciños e que mellor que facelo cunha pequena escolma de poemas de Novoneyra.

Pero como todo día de festa non pode faltar a música e quen mellor nos podía acompañar nesta ocasión que Samantha Castro, antiga alumna e a voz do grupo Arredemo.

E Samantha chegou hoxe ao cole para ensaiar co noso marabilloso acordeonista Serafín, e para escoitalos houbo quen nin foi ao recreo.

Emocionante !! Veremos se mañá podemos gravalo todo e que o poidades disfrutar vós tamen en Radio Barullo.

1 comentario:

  1. Miña nai! Canto traballades!! Sen dúbida este foi un día máxico para todos vós! Ëu, dende Belesar, mándovos un agasallo cariñoso para este blog do que son seguidora.
    http://bibliobelesar.blogspot.com/2010/05/agasallo-para-o-blog.html
    Bicos dende Belesar

    ResponderEliminar

Graciñas por visitar "O Segrel do Penedo". Sempre é un motivo de ledicia recibir os vosos comentarios e suxestións.