domingo, 10 de xaneiro de 2010

Al Dente


Un agasallo para que volvades ao traballo con moitas forzas e enerxías renovadas.

"Al Dente" é un fermosísimo vídeo que nos conta as aventuras dunha pequena vagabunda que descobre a maxia e os perigos da cociña dun ogro amante da música.

Os autores desta pequena obra de arte son Jean-François Barthelemy, Maël François e Carlos Felipe Leon Ortiz de Supinfocom

Disfrutadea !!



Atopámola en Más que libros, un dos nosos blogues amigos.

2 comentarios:

  1. (choros) Iso porque non nos queredes:

    http://trafegandoronseis.blogspot.com/2008/09/al-dente.html

    (máis choros e snifes)

    Bicos!

    ResponderEliminar
  2. Benquerido Ronsel, o problema non é por falta de agarimo... é por falta de tempo. Non hai quen vos siga!
    Pero a que é fermosísimo o agasallo?
    Bicos

    ResponderEliminar

Graciñas por visitar "O Segrel do Penedo". Sempre é un motivo de ledicia recibir os vosos comentarios e suxestións.