sábado, 9 de maio de 2009

Presentación do "Dicionario de Escritores de Deza"

Onte, asistimos, no Museo Ramón María Aller Ulloa de Lalín, á presentación do "Dicionario de Escritores de Deza" obra da nosa amiga Gracia Santorum.

Xuntámonos un bo grupo de amigos e amigas que disfrutamos coas palabras de Mario Pereira, autor do limiar, nos emocionamos coas de Gracia, rimos e moito con Celso Fernández Sanmartín un fantástico contacontos e non esquecemos a Diego Rojo que acompañou o acto coa fermosísima música do seu laud.

Disfrutamos porque ela disfrutou, era o seu día e aínda que os nervos non deixaron de facer acto de presenza temos que dicir que non se notaron nada. A "autora" móvese por este terreo como peixe na auga, é o seu, falar de libros, de lecturas, de bibliotecas escolares e como non, tamén se falou de blogs.

Benquerida Gracia felicidades e dende O Segrel desexámosche unha longa e prolífica carreira.

E como en todas as nosas celebracións, xa sabedes... non podía faltar a reportaxe gráfica. Desculpade a calidade, pero nesta ocasión, e dado o emotivo do momento, non nos movimos da nosa cadeira.



A noticia na prensa:
La Voz de Galicia
Entrevista a Gracia Santorum

10 comentarios:

  1. Foi emocionante porque vós estabades alí. Aínda é emocionante pola reportaxe. Grazas, por ambas cousas, e máis.
    Por que non vexo as fotos???
    Bicos, bicos, bicos

    ResponderEliminar
  2. Xa me tardaba a túa reportaxe,compañeira. Si que foi un placer estar alí,ben se ve, que non se nos despegou o sorriso da cara.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  3. Lástima non ter podido asistir.
    Parabéns á autora. E parabéns á reporteira que nos fai chegar un eco do que foi o acto.

    ResponderEliminar
  4. Foi un placer estar alí compartindo un momento tan especial e imposible de transmitir nesta mini reportaxe.
    Hai sentimentos que non se poden explicar.
    Bicos para as tres.

    ResponderEliminar
  5. Nin pracer nin emocionante: 22o quilómetros, un libro, unha cervexa e un pincho. A calquera cousa se lle di emocionante...
    Que non..

    ResponderEliminar
  6. Que últimamente seique estás unha miaxiña "cínico"...
    Que non...

    ResponderEliminar
  7. Foi un placer compartir esa xornada tan especial para Gracia con tod@s vós

    ResponderEliminar
  8. Pois a min o que me dades é envexa por estar alí rodeando a Gracia e tomando unha cervexa e un pincho, eu tamén quero..... Esta claro pola reportaxe que tivo que ser xenial. Ben por Gracia e ben por vos que sempre estades onde tedes que estar.

    ResponderEliminar
  9. !Loly, si no llega a ser por ti, no me entero! Des de aquí mis felicitaciones.

    ResponderEliminar
  10. Beni o mesmo digo.
    Marina botámoste en falta, pero todas estabades ali connosco.
    Montse, esta es unha de las marabillas de la blogosfera... Tan lejos y tan cerca!!
    Bicos para los tres

    ResponderEliminar

Graciñas por visitar "O Segrel do Penedo". Sempre é un motivo de ledicia recibir os vosos comentarios e suxestións.