xoves, 7 de maio de 2009

Os Sacapenas para Gaza nos Medios

Onte, alumnado e profesorado do noso centro presentamos ante distintos medios de comunicación a iniciativa "Sacapenas para Gaza".

Xan Morales, de RadioFusión, convocounos o martes ás 11.30 na Casa do Concello de Fene pois según el "Unha iniciativa tan fermosa hai que dala a coñecer".

Cando chegamos a nosa sorpresa foi enorme xa que alí estaban a xefa de prensa do alcalde, Pitusa de RadioFusión, as cámaras de Localia TV, fotógrafos... en fin todo un despliegue de medios aos que, temos que confesar, non estamos acostumados, pero o motivo pagaba a pena.

Contamos como unha iniciativa, que xurdira no CEIP A Rúa, se espallara a través das Bibliotecas Escolares por distintos centros de Galicia. Como foi acollida no noso centro e os pasos que seguimos para a elaboración dos bonecos onde non só se implicaron profesorado e alumnado senón tamén as familias.

Para nós foi todo un orgullo e moi emocionante escoitar a Laura e Roberto, alumnos de 2º e 4º de ESO, contar o que supuxo para eles esta experiencia. Laura expresou o seu desexo de que se volvera a repetir "xa que é un bonito xeito de que os nenos e nenas aos que van destinados estes bonecos sintan o noso cariño", mentres que para Roberto foi "Unha iniciativa que permitía ofrecerlle a nenos e nenas que están a vivir nunha época difícil a oportunidade de xogar, algo que para nós forma parte da normalidade, pero que no seu caso é un luxo case inalcanzable"

O noso alcalde Iván Puentes, alabou o traballo que se está a desenvolver dende o noso centro "que está á vangarda na formación non só académica, senón tamén na formación de persoas solidarias e comprometidas" e engadiu "Estas experiencias que valen para formar veciños e veciñas solidarios contarán sempre co apoio do Concello"

Hoxe a noticia aparece recollida en distintos medios.
RadioFusión
Fene Cidadán
Diario de Ferrol
La Voz de Galicia

Esta semana intentaremos achegarvos o documento sonoro dende Radio Barullo.

(Actualizado o venres 8 de maio)
En Radio Barullo xa tedes á vosa dispoción esa gravación prometica.

Dende O Segrel do Penedo queremos agradecer a Xan Morales que fixera posible esta fermosa presentación en "sociedade" dos nosos Sacapenas.

9 comentarios:

  1. Si, emocionante foi a presentación, logo lendo as crónicas dos "supostos" profesionais da información a cousa cambia...

    ResponderEliminar
  2. Que unha comunidade fale de sí mesma en positivo. Eso é o que me emociona a min. Que o concello, os medios de comunicación... busquen a noticia entre o que os seus veciños fan e o poñan en valor.
    Parabens por eso.
    O dos Sacapenas en sí xa está fóra de toda dúbida.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Un proyecto que ha dado mucho de sí.
    Felicidades por el esplendido trabajo colectivo.

    ResponderEliminar
  4. Olga, canta razón tes!! A importancia de poñer en valor o noso...

    Montse, és el meravellós dels treballs collectius que tant ens enriqueixen!!

    Bicos e Petons.

    ResponderEliminar
  5. Hola a min o que mais me gustou fui a disposicion dos nenos a axudar a os demais neste caso a facer as monecas que por certo eran todas moe guapas,bicos Inma

    ResponderEliminar
  6. Realmente a solidariedade e o compromiso con esta iniciativa tanto por parte dos rapaces como das rapazas foi impresionante dende o primeiro momento.
    Benvida Inma e esperamos seguir contando cos teus comentarios.

    ResponderEliminar
  7. Sen palabras, emocionante!! A vosa entrada, coma sempre, magnífica!!
    Un bico dende Cangas

    ResponderEliminar
  8. Grazas Ana, este foi un momento ben especial para todos e todas nós que nos gusta compartir. Niso de compartir vós sodes MESTRAS!!
    Bicos dende Fene.

    ResponderEliminar

Graciñas por visitar "O Segrel do Penedo". Sempre é un motivo de ledicia recibir os vosos comentarios e suxestións.