Kurt Kobain, cantante, guitarrista, compositor e lider de Nirvana, morto fixo 15 anos o día 5 de abril, e Mari Trini, falecida o pasado martes, día 7, estarán esta semana nos Nosos Venres Musicais.
As diferencias entre eles son obvias, nin por nacionalidade, nin por estilo musical, nin pola súa vida e moito menos pola súa morte, hai semellanzas entre estas dúas personalidades, pero o azar quixo que esta semana, e case coincidindo no mesmo día, lembrásemos a tráxica e aínda non esclarecida morte de Kurt Kobain e nos conmovéramos coa noticia da morte de Mari Trini.
Non deixedes de escoitalos, seguro que disfrutaredes coa súa música!!
Un grande kurt C"oB"ain.
ResponderEliminarPerdón por tremendo despiste, pero como podes comprobar, e grazas ao teu "comentario" o erro xa está corrixido.
ResponderEliminarEnjoy your holidays!!
Xa que estamos,aquí outro"komentario".
ResponderEliminarE noraboa por eses premios
Por certo,non hai quen pille ó maldito gato.
Alioth, non o podo crer!!!
ResponderEliminarNon me digas que non es quen de "rodear" a este "lindo gatito"!!
En fin, e sen que sirva de precedente... dareiche unha pista. (Se queres pillalo intenta facelo dende lonxe, nas distancias curtas non hai quen o consiga)
Curiosa mestura, sen dúbida. Recoñezo que o meu oído está máis afeito ao grunge que á música de Mari Trini pero, como acostumo a dicir: sempre hai que ser aberto de orellas!
ResponderEliminarUnha aperta
O tempo, querido Anxinho, é o único que pode facer estas mesturas tan "curiosas" sen provocar maiores consecuencias...
ResponderEliminarApertas