xoves, 23 de abril de 2009

En O Segrel estamos de Celebración!!

Hoxe, en O Segrel estamos de celebración e por partida doble.

O 23 de Abril, "Día do Libro" -vaia data ben significativa para unha Biblioteca Escolar- celebramos o noso segundo ano na blogosfera.

Era o ano 2007... Como pasa o tempo!! Se parece que foi onte cando con dous artigos, un de presentación e outro contando quen era O Segrel do Penedo, facíamos a presentación en sociedade. e canto ten acontecido xa!!!

Pero decíavos que era unha celebración doble, xa que ao ano seguinte, e para celebrar tan fantástico acontecemento, nesa mesma data, o 23 de Abril, nacía Radio Barullo, o blog da nosa radio escolar.

Este ano, e para non ser menos, queremos celebralo dando os nosos primeiros pasos en TWITTER! -Paciencia... dádenos uns días, que isto só é cuestión de comezar...

A semana pasada Javier Celaya quería saber se nas Bibes Galegas estabamos a utilizar esta ferramenta. -Sempre é Javier Celaya quen nos pon na pista. Primeiro entramos na blogosfera movidos polo seu extraordinario entusiasmo e o seu xeito de contaxialo, e agora nos dou ese empurronciño que nos faltaba para converternos en "Twitters" - Gracias Javier!!!

E nós, que somos alumnos moi aplicados, non esquecimos o consello que nos dou naquelas Xornadas de Bibes alá polo ano 2006 "Este mundo é moi doado, o único que necesitades son mans que vos leven", e como somos así, de natural impulsivo, "Meu dito, meu feito", atopamos esas mans, as mans de ANB, que fixeron, e seguen a facer posible que cada 23 de Abril dende o ano 2007, celebremos esa data en O Segrel cunha novidade. -Grazas Antonio!!

Grazas a todas e todos os que nos visitades, nos apoiades, nos animades... porque sen vós, esta, unha das nosas paixóns, non tería sentido.

E por suposto, grazas mil @S AMIG@S por estar sempre aí e por facer desta unha viaxe fantástica chea de magníficos traballos compartidos, traballos colaborativos e dunha grande complicidade, onde tantísimo aprendemos e donde cada día somos máis conscientes de tanto como nos queda por aprender. Pero aí andamos...

Que sexan moitos máis en tan MAGNÍFICA COMPAÑÍA!!

Boca.
Biblioteca
Biblioteca.
Dedos.
Libroteca
Librostocas
Leo...
Son palabras no recreo.
Gloria Sánchez.

21 comentarios:

  1. Noraboa polos aniversarios varios ¡e que cumplades moitos máis!

    ResponderEliminar
  2. Parabéns. Sodes sempre unha estrela que nos guía.

    ResponderEliminar
  3. Moitos parabéns, moitos libros, moitos máis anos.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  5. Mais que un blog agradecido parecedes o blog "pelota" do profe. Xa sodes aguias que voades por riba da súa cabeza.

    ResponderEliminar
  6. Como no encuentro palabras para expresar mi alegría, ni para contestar a mi insensato pero sabio amigo, tan sólo twitteo esto. Felicidades !!

    ResponderEliminar
  7. Enhorabuena por vuestra magnífica labor. Todos aprendemos de vosotros y vosotras.

    ResponderEliminar
  8. Buenoooooo, da gusto chegar á casa, despois dun día ben intenso, e atoparse con tantos amigos e amigas celebrando connosco a nosa ledicia. Siiiii, todos, incluso "ese" que tenta disimular...
    Grazas Olga, Ronsel, Ponte Vella, Toño (o comentario suprimido tamén - está no meu correo), Antonio e Andrés. Bicos de mel para os seis!!!

    ResponderEliminar
  9. Grazas, Loly,polos teus pabens e o teu cariño.
    Un saudiño, Endora-Felices lecturas

    ResponderEliminar
  10. Grazas Endora e benvida por estes lares.
    Saúde, libros e bicos!!!!

    ResponderEliminar
  11. FEliz cumpleaños bloguero!!
    Mis mejores deseos para que sigáis como hasta ahora (o mejor, si cabe).

    Saludos

    ResponderEliminar
  12. Este Segrel é xa todo un home. Parabéns para eses pais e nais que tan ben educadiño o ten.

    ResponderEliminar
  13. Gracias Victor, es un verdadero placer encontrarte por O Segrel. Nos vemos en Getxo, bicos!!!!
    Mesturas, con AMIGOS coma vós o traballo é ben doado!!!
    Alioth, parece que non hai máis remedio que rendirse á evidencia. Creceremos sen máis!!!!
    Bicos para os tres.

    ResponderEliminar
  14. Moitas felicidades.
    Moltes felicitats. Enhorabona.
    Molts ànims per més temps.

    ResponderEliminar
  15. Gràcies Montse. Seguirem blogueando en tan bona companyia.
    Petons

    ResponderEliminar
  16. Moitas felicidades polo cumpleanos e tamén polo voso traballo que nos serve de guía aos que estamos empezando.
    Bicos dende Santa Comba.

    ResponderEliminar
  17. Moitas felicidades e grazas por ser a nosa guía, convosco aprendemos pero sobre todo disfrutamos.
    Que cumplades moitos máis!!!!!

    Un bico desde o Blogfesquío

    ResponderEliminar
  18. Xa vexo que chego un pouco tarde. Aquí non me pode desconectar nin un fin de semana, ides a toda velocidade. Moitas felicidades!!!!!
    A seguir traballando e servindo de exemplo para moitos de nós.
    Unha morea de bicossss dende Andrade.

    ResponderEliminar
  19. Aínda que me repita, sodes todo un exemplo a seguir. Por este motivo, dende Bibliobarro non podiades deixar de ser un dos nosos blogues Maneiros.

    ResponderEliminar
  20. María, Begoña, Encarna, moitísimas grazas polos vosos ánimos e apoio constantes e por estar sempre aí. É moi gratificante sentirse tan querido!!!
    E que decir ao Equipo da Biblio que non saibades? É un orgullo que nos consideredes un blog Maneiro. Grazas Mil!!
    Bicos de mel para tod@s

    ResponderEliminar

Graciñas por visitar "O Segrel do Penedo". Sempre é un motivo de ledicia recibir os vosos comentarios e suxestións.