No Día de Darwin, fai hoxe 200 anos que naceu, poñémonos en contacto con Walt Andersen, o noso especialista en darwinismo (se queredes saber algo máis del, poñede o seu nome e “teoría evolutiva” en calquera buscador e xa veredes). Pedímoslle ao profesor que nos explique brevemente que pode facer que un home pase de ser considerado isto...
ou aparecer nas botellas de anís.
A ser unha icona da modernidade máis friki...
e aparecer nos billetes.
O profesor prefire contestarnos explicándonos a teoría da evolución cun exemplo especialmente deseñado para O Segrel. Fixádevos nas fotografías a ver se vedes algunha que non pega.












“Correzto”. Fíxáchedesvos na última. Neste blog somos todos uns intelectuais e de nada vale ser guapo, xove e xogar ben ao fútbol. O futuro está nun señor maior con barba. É quen mellor se adapta a este blog!!! Aínda que pareza mentira, será el quen sobreviva e teña máis descendencia (?). A evolución é así: viven mellor os máis adaptados a cada momento e lugar. Se non están adaptados non teñen futuro. Este é un blog de listos así que só teñen futuro os sabios, léase Darwin. (Por certo, esa foto lévavos a un museo.)
Walt Andersen é moi “enrollado” e de despedida déixanos tres regalos relacionados co célebre naturalista:
- Un exemplar do seu libro “A orixe das especies”.
- Un garabato orixinal de Darwin representando a árbore da vida (algo así como unha árbore xenealóxica de todos os seres vivos).
- Un exemplar do libro “A orixe do home”, unha obra algo menos coñecida.
Se facedes “click” enriba de cada un, hai un enlace que afonda no asunto.
Grazas, profesor.
Parabéns por tan magnífica, divertida, currada e irónica entrada.
ResponderEliminarExcelente entrada!!!
ResponderEliminarTotalmente de acordo con Sira e Biblioafonso. Fantástica entrada!!.
ResponderEliminarMmmmm, e por que será que hoxe, pasado o 11 de febreiro, gústame moito iso de "o futuro está nun señor maior"...???
Moitas grazas a todos por estes e anteriores comentarios. A verdade é que os leo sempre (alimentando a miña vanidade)e nunca os contesto (aínda que despois visito os vosos blogs anónima e silenciosamente porque sodes fonte de ánimo e inspiración).
ResponderEliminarFantástica entrada, ¿quen dicía que non se podían explicar as cousas científicas dunha forma divertida e veraz?.
ResponderEliminarBo traballo! Ha, ha, ha! Mi bo traballo!
ResponderEliminarBicos darwinianos desde a Biblio do CEIP de Pazos.
¡Que farta de rir!
ResponderEliminarUns momentos cheos de humor, cheo de intelixencia, chea de sabiduría...