mércores, 14 de xaneiro de 2009

Gregory Colbert (II)

Se vos gustou a presentación fotográfica da semana pasada, non vos perdades estes vídeos.

Só necesitades uns minutos para disfrutar da beleza que supón a verdadeira comunión entre home e natureza no seu estado máis natural e nun contorno de armonía e paz.

Apagade as luces, acomodádevos ben e deixádevos levar pola maxia desta fermosísima poesía visual.

ASHES AND SNOW


FLYING ELEPHANTS



"Sentirse asombrado pola natureza en todas as súas formas é a alma de Ashes and Snow. Intentei deixar abertas as fiestras e as portas para que outras persoas poideran entrar e sentir o mesmo asombro que sentín eu durante cada momento da creación do traballo."
Gregory Colbert

Máis Información en:
Ashes and Snow

O Segrel quere dedicarlle esta entrada a Emilio Varela Rivera, periodista e naturalista galego con quen compartimos unha interesantísima xornada o pasado 19 de decembro e da que daremos cumplida conta neste blog.

3 comentarios:

  1. Moi fermosos. O terceiro vídeo non se pode ver.

    ResponderEliminar
  2. Esto é o que pode ocorrer cando se programan as entradas con máis dunha semana de antelación.
    Grazas polo aviso.
    Apertas!!!!

    ResponderEliminar
  3. Preciosos... aínda que sexan dous!

    ResponderEliminar

Graciñas por visitar "O Segrel do Penedo". Sempre é un motivo de ledicia recibir os vosos comentarios e suxestións.