sábado, 22 de novembro de 2008

Regueifando en "O Segrel"

Son estas “coñas plamberas”
as xuntanzas e cocidos
as que xunto ás bibliotecas
nos reunen cos AMIG@S.

E despois do obradoiro

que fixemos no Segrel
as regueifas compañeiros
dánsenos bastante ben.

Uns cantos dias practicando
e poñendolle interés
seremos profesionais
antes de que pase un mes.

Animádevos plambeiros
non o podedes perder
pois na próxima xuntanza
un libreto ides a ter.

Pero mentres o libreto
non nos chega dende a imprenta
aqui vos deixo un Issuu
para o que practicar queira.

Preparádevos plambeiros
ide practicando ben
que a gaita de
Sabela
non admite "amateurs".

2 comentarios:

  1. A Loly deixounos un issuu,
    porque moito lle gusta regueifar
    mais como xa está cansa
    mandounos ao resto traballar

    ResponderEliminar
  2. Benquerida compañeira
    ¿non tes nada que facer?
    regueifa queteregueifa
    e a fariña por moer.

    Xa decía o inspector
    que horas non nos poden dar,
    que hai por aquí moito vago
    que o mete en regueifar.

    ResponderEliminar

Graciñas por visitar "O Segrel do Penedo". Sempre é un motivo de ledicia recibir os vosos comentarios e suxestións.