sábado, 29 de novembro de 2008

Crónica do "Acto" (I)

O pasado luns, tivo lugar en Bertamiráns, na biblioteca escolar do CEIP Bispo Guerra Campos, a sinatura da addenda 2008 ao convenio para a mellora das bibliotecas escolares, entre o MEC e a Consellería de Educación, por parte de Sra. Ministra e a Sra. Conselleira.
Ao acto, entre outras persoas, fomos invitados os responsables de Bibliotecas Escolares.
Esta é a crónica regueifeira que fixemos dese acto.

Hoxe en Bertamiráns
Ministra e Conselleira
nun "fermoso" acto estiveron
que sellaron cunha aperta.

Non esquezades a data (24N)
hoxe é día de alboroto,
hoxe é día de ledicia,
hoxe ela confirmouno!!!

A Sr. Conselleira
ante a Ministra afirmou
que no próximo ROC
con tempo alí estamos nós.

So temos que esperar
pídenos ela máis tempo
tempo é o que nós pedimos
seique todos o teremos.

E aquí remata a historia
dunha xornada festiva
o que queira saber máis
terá que esperar un día... (ou dous!!)

Para ler a crónica completa...

Milladoiro - Crónica do "Acto" (II)
Bibliobóveda - Crónica do "Acto" (III)

2 comentarios:

  1. Fermosa crónica dun fermoso día, feita por unha periodista?, unha regueifeira?, unha bibliotecaria?, unha mestra?, unha profesora?, unha catedrática?, unha xefa de estudos?,... unha amiga.
    Eres moito para ser só unha.
    Parabéns.

    ResponderEliminar
  2. Despois das crónicas lidas,
    disque, seique agora falta
    que logo desa "conversa"
    conclusións saquemos claras.

    E a miña conclusión
    eu si saquei, e moi clara
    a Conselleira falou...
    escrito, non deixou nada.

    E cando fala esta xente,
    os politicos de "pró",
    as palabras leva o vento
    e estas o vento levou.

    Máis desexo equivocarme
    sacando esta conclusión
    e na proxima xuntanza
    celebrareino con vós!!!!!!

    ResponderEliminar

Graciñas por visitar "O Segrel do Penedo". Sempre é un motivo de ledicia recibir os vosos comentarios e suxestións.