A cidade recibiunos cun tempo marabilloso co que, despois de instalármonos no hotel, decidimos ir a dar un paseo.
Estivemos polas Ramblas, Paseo de Gracia, Praza de Cataluña… trala comida acercámonos ata
O venres á tardiña fomos ao Mercado da Boquería e xa pola noite non nos resistimos a deixar de admirar o porto á luz da lúa e a dar outro paseo polas Ramblas. Que marabilla!!
O sábado, ao remate das Xornadas, e despois dun fantástico café que durou un par de horas (as cousas ben feitas disque levan o seu tempo, non si?) na mellor compañía que poidéramos ter (Pedro, Victor, Joan, Manuel, Xavier, Toni, Irene, Isidro, Charo, …Grazas a todos por facer posible que a nosa visita a Barcelona sexa inesquecible) decidimos recorrer o barrio Gótico. O Palau da Música, a Catedral... perdémonos pola Barcelona máis marabillosa, atrainte e fascinante.
Volvemos ao Hotel unha miaxiña cansas, pero a pesar de todo erguémonos cedo e despedímonos desta marabillosa cidade cunha visita a A Sagrada Familia.
O tempo, xa sabedes, o tempo é o que sempre nos falta, e nesta ocasión non podía ser menos... facturamos cando o carteliño luminoso dicía “last minute”. Si, no último minuto, pero a tempo.
Ata sempre Barcelona, ata sempre amig@s Blogueir@s!!!
Vémonos en Santiago.
Os III Encontros Edublogs o 3, 4 e 5 de xullo espérannos!!!
Nota: Para comezar coa crónica non está nada mal, non?. Mañá contarémosvos as Xornadas...
ays Barcelona qué bonita es!!!
ResponderEliminary felicidades por el merecido premio!!!
esperamos crónica de las jornadas!
un beso, Sira.
Grazas Sira,
ResponderEliminarBarcelona é unha verdadeira marabilla. Volvemos namoradas dela!!! Ah, e a crónica mañá, necesitamos tempo para acougar tantos sentimentos.
Bicos