Nesta ocasión fixo de mestre de cerimonias Antón Cortizas, en Sanxenxo foi Pilar Sampedro, así que os dous quedan nomeados "Membro Honoris Causa" do grupo Plambe-Ferrol.
Comezamos presentándonos, xa que non nos coñecíamos todos, e expoñendo o motivo que nos traía á reunión, que non era outro que "botar a andar unha nova etapa de colaboración e reflexión compartida". O traballo colaborativo, a posta en común das nosas experiencias e tamén, como non, facer terapia de grupo, que sempre ven moi ben, é causa máis que suficiente para este "mini-encontro plambeiro".
Falamos do que estamos a facer, dalgúns dos nosos proxectos, fixemos terapia... e despois dunha hora longa de conversa, chegamos ás seguintes conclusións:

- Reunírmonos unha vez ao mes. A próxima reunión será o luns 2 de xuño ás 5 da tarde no CFR de Ferrol
- Reunírmonos unha tarde para irnos poñendo ao día nesto das novas tecnoloxías.
- Redacción dun escrito para enviar á Dirección Xeral, á Asesoría de Bibliotecas Escolares e ao CFR de Ferrol no que queremos reivindicar:
- A asesoría de Bibliotecas Escolares no CFR de Ferrol
- O recoñecemento da figura do/a Responsable da Biblioteca Escolar no ROC
Creemos que para ser o primeiro día, e chegar todas unha miaxiña tímidas, non o fixemos nada mal, non si?
O noso desexo é que este sexa o principio dunha nova andaina positiva e enriquecedora para todas nós. Do traballo colaborativo é de onde saen as mellores experiencias.
Tamén en:
4 comentarios:
Para nós tamén é importante este primeiro traballo colaborativo. Espero que non nos abandone a ilusión, e que esta primeira entrada dea pé a seguir unindo ideas, forzas e compromisos. Saúdos agarimosos desde a Biblioteca do CEIP de Pazos.
Lembrade que é mentira eso de que o traballo é san.
Que vos dure moito tempo a ilusión e as gañas de pelexar contra a administración.
Unha aperta solidaria.
Muchas felicidades! Ser finalista, juntos, me inunda de emoción.
Noraboa sodes finalistas!! xa é un gran recoñecemento. Seguide así.
Un bico
Publicar un comentario