martes, 18 de decembro de 2007

Un conto de Nadal

Aquel ano, despois de moito navegar por internet, Papá Noel e os Reis Magos atoparon un blog que lles deu unha idea. Regalaríannos o mesmo a todos: o reloxio-contador universal. Se mirabas para el vías que no mundo había moita xentiña, que acabábamos cos recursos naturais e que contaminábamos unha barbaridade. Entendías que todos somos irmáns e que vivimos no mesmo sitio: o planeta Terra. O regalo fixo efecto. Os políticos tomaron conciencia de moitas cousas e os seus votantes...tamén.

Para vostedes, en primicia mundial, o reloxio-contador universal!!!!

1 comentario:

  1. "Os políticos tomaron conciencia de moitas cousas e os seus votantes...tamén"
    Ai, se os contos se fixeran realidade algunha vez!!

    ResponderEliminar

Graciñas por visitar "O Segrel do Penedo". Sempre é un motivo de ledicia recibir os vosos comentarios e suxestións.