martes, 29 de novembro de 2016

Ángel Carracedo "ADN Forense: CSI Made in Galicia"

Dentro das actividades organizadas para celebrar o Mes da Ciencia en Galego, o alumnado do IES de Fene, xunto cos de outros sete centros da comarca, asistiu hoxe a unha charla a cargo do investigador Ángel Carracedo catedrático de medicina legal e coordinador do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago no Teatro Jofre. 

Carracedo, como adoita acontecer sempre que asistimos a un dos seus encontros, deixounos a todos ben imprensionados coas súas explicacións sobre xenética forense e a súas aplicacións a ámbitos como a investigación criminal.

Unha xornada especial onde a ciencia achegouse á rapazada dun xeito ben diferente.

Encontro Ángel Carracedo
            Clicar na imaxe para ir ao álbum

venres, 25 de novembro de 2016

"En Negro Contra a Violencia de Xénero"

O Segrel do Penedo súmase á campaña "En Negro Contra a Violencia de Xénero" e faino cun "Mannequin Challenge" na Biblioteca. 

A solución pasa pola educación na igualdade e no rexeitamento a calquera tipo de violencia, veña de onde veña.

Eduquemos na Igualdade e na Paz!

#mannequinchallenge #contraaViolenciadeXenero

xoves, 24 de novembro de 2016

Día da Biblioteca

Como cada ano, dende hai xa dúas décadas, o día 24 de Novembro celébrase o Día da Biblioteca co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia dos libros e a lectura.

O Ministerio de Cultura edita cada ano un Cartel conmemorativo, e este ano foron a escritora Ledicia Costas e a ilustradora Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura e Ilustración 2015 respectivamente, as encargadas da súa elaboración. 


En Galicia, o lema da campaña este ano e "Biblioteca Escolar: Territorio das Artes" e con este motivo no Segrel sacamos unha pequena selección dos fondos de Arte.
 




venres, 4 de novembro de 2016

Celebrando o Samaín

Esta semana, O Segrel "vestiuse" para a ocasión. Estamos celebrando o Samaín e, para o ocasión, sairon dos andeis algúns dos nosos fondos de lendas, historias de medo, terror... e como non, fantásticas cabazas recén chegadas dende Lugo, e, dende o laboratorio de ciencias, un esqueleto e algunha caveira terrorífica... E o alumnado de 4ºESO, encargados da decoración da biblioteca, botaron mán de morcegos, arañas, candeas... vamos, que non faltou ningún detalle como puideron comprobar os nosos visitantes.



Feliz Samaín!!!