Hoxe, celebramos o Día da Non Violencia e a Paz dun xeito ben fermoso. Ao longo da mañá o alumnado de ESO leu poemas aprol da Paz e a non violencia.
Unha xornada na que non faltou a música. Uxía, 2ºESO, acompañounos ao piano, Sabela, 1ºESO, cantounos "A ronda do Soldadiño" e rematou o alumnado de 2º ESO cantando "Imagine" de John Lennon.
Foi o noso xeito de dicir NON á violencia,SI á Paz e á convivencia pacífica
Con motivo da celebración do Día da Non Violencia e a Paz, dende a O Segrel organizamos unha exposición "Lecturas pola Paz". Un xeito de achegar aos membros da nosa comunidade educativa parte dos fondos de Banda Deseñada, Poesía, Novelas e cine.
A través da Asociación Memoria Histórica democrática chegou ao noso instituto a exposición "Galegos en Mauthausen" Unha homenaxe aos veciños de ferrolterra (Ferrol, Fene, Ares, Mugardos...) presos nos campos de exterminio nazi. Veciños que emprenderon unha viaxe ao horror e do que moitos deles nunca retornaron.
Unha exposición que coincidiu no tempo, coa data na que se conmemorou o 70 aniversario da liberación do campo de concentración de Auschwitz (27 de febreiro).
Exposición que se completará, ao longo do mes de febreiro, con varias charlas dirixidas ao alumnado de ESO e Bacharelato, a cargo de Enrique Barrera historiador e autor do libro "Galegos en Mauthausen".